Eduardo Blanco Amor: intruso, impertinente, imprescind¨ªbel
Hai persoas de natureza tan particular que act¨²an como un reactivo, catalizador, l¨¦vedo ou simplemente como un grao de sal. Pode que Eduardo Blanco Amor non pertencese a ningunha desas categor¨ªas, que fose m¨¢is ben un trasno que causa revoltura na ordenada vida dom¨¦stica e deixa a casa cu para arriba. Tratar con Blanco Amor non houbo ser doado, mais foi unha presenza imprescind¨ªbel.
Foi perturbador. Cando Ricardo Carvalho Calero escribe a s¨²a monumental e admir¨¢bel Historia da Literatura Galega Contempor¨¢nea interrompe o texto, an¨¢lises demoradas das obras literarias e das intenci¨®ns de cada autor, e detense a porfiar con Blanco Amor. ?ste conseguiu romper a compostura do se?or catedr¨¢tico, faille perder os papeis. Esa estampa das d¨²as figuras enfrontadas debuxa ben ao Eduardo, o titireiro que descabalga da c¨¢tedra ¨¢ autoridade can¨®nica. Blanco Amor pu?a medo, era desestabilizador, nacido e fundado el mesmo na inestabilidade descoloca toda orde construida con coidado e esforzo. Ante un bailar¨ªn que non para de dar voltas pode pouco o estatismo do ¨¢rbitro. Ante un insolente descomponse a figura da autoridade.
Escap¨®uselle Lorca porque seica non aturaba as s¨²as maneiras afectadas
N' 'A esmorga' est¨¢n desatados os temores e rencores de Eduardito
Non lle foi dada a prudencia en ning¨²n sentido, desprez¨¢baa
Ao seu redor, a xente sep¨¢rase en bandos como auga e aceite
Ese que leva anos dando voltas pola Am¨¦rica irrompe definitivamente no centro desta pista de baile no 1959. Ed¨ªtase al¨¢ en Buenos Aires unha novela galega que det¨¦n a m¨²sica ac¨¢. Quen ¨¦ o intruso, que non estaba previsto? ? Eduardito, o ourens¨¢n, o fillo dunha florista; o fillo dun hospiciano de Astorga, V¨ªctor Blanco Exp¨®sito, o fillo de varios pais, de ningu¨¦n, fillo do vento; o meni?o lindo perfumado como un paxe para lanzalo ao desclasamento; o moci?o amariquitado e presumido, Blancaflor, que se escapuliu da leva do servizo militar na guerra de ?frica e liscou de contrabando no 1919 para Buenos Aires. O que al¨ª andou no acubillo das sociedades galegas, da Federaci¨®n, sempre a pedir favores, o que volta como corresponsal de La Naci¨®n pola Galiza e a Espa?a dos anos trinta. Ese con xeitos de dandi degoxado tras dos artistas e figuras famosas, o que persegue a Garc¨ªa Lorca que seica lle escapa porque non atura as s¨²as maneiras afectadas e, con todo, consegue arrincarlle a edici¨®n dos Seis poemas galegos.
Ese conferenciante de calquera cousa remunerada, ese que un mes ¨¦ galeguista e ao seguinte espa?olista, o disc¨ªpulo de Risco que tam¨¦n ¨¦ protexido do cacique Bugallal; o p¨ªcaro imprevis¨ªbel no que case ningu¨¦n f¨ªa; o xornalista autodidacta que funda e dirixe revistas dos galegos en Arxentina, Terra, El Despertar Gallego; o tunante, que un d¨ªa lle escribe a Manuel Aza?a e o outro a Per¨®n. E a¨ª deitou A esmorga, que rompe o curso prescrito ¨¢ literatura galega que estaba a renacer, sen lle pedir permiso a ningu¨¦n nin avisar. Nin sequera era cousa esperada polo propio autor, ese autor de versos esforzados e artificiosos, unhas veces en galego e outras en castel¨¢n. Ese enredante xa ensaiara a escribir novela antes, La catedral y el ni?o, unha novela decimon¨®nica con meni?o, pazo e catedral. Xa apareceu al¨ª a transgresi¨®n, a blasfemia. E con todo, ese acto blasfemo non fac¨ªa imaxinar a baixada ao abismo que ¨¦ A esmorga, o retrato de seres ca¨ªdos a canear polas r¨²as da cidade, sempre a mesma Auria, at¨¦ a queda final. Un libro que ter¨ªa namorado a Bu?uel e a Foucault e que deixa tocada a sensibilidade de quen o le. En La catedral y el ni?o hai unha certa impostaci¨®n, mais tam¨¦n hai unha parte do Eduardi?o. N' A esmorga est¨¢n desatados os temores, desexos, rencores do Eduardito, con toda a s¨²a violencia. E tam¨¦n o ventre dun Ourense terribel e verdadeiro. O libro est¨¢ emparentado coas obras da literatura do seu tempo grazas a Blanco Amor ter traballado na Editorial Emec¨¦, ter co?ecido aos novos escritores porte?os, aos compa?eiros das tertulias do Caf¨¦ Tortoni... A vivir en Buenos Aires. Non se ter¨ªa escrito A esmorga baixo o franquismo. Ese libro est¨¢ hoxe mitificado entre n¨®s, mais segue a ser explosivo, eficaz, brutalmente realista e ao tempo aberto ¨¢ interpretaci¨®n e supuxo unha refundaci¨®n da narrativa galega.
O libro ¨¦ como o autor, unha provocaci¨®n que obriga a reco?ecer a s¨²a existencia, imponse. Esa insolencia desencadena unha resposta inevit¨¢bel, un castigo. A andanza do Blanco Amor ¨¦ unha danza sadomasoquista, agresi¨®n e castigo. Aos tombos, feriu coa s¨²a lingua de subela e foi castigado a un lado e a outro do Atl¨¢ntico. P¨ªcaro mariquiteiro, autodidacta precisado de protecci¨®n, condenado ao azar.
A¨ªnda hab¨ªa voltar ¨¢ s¨²a necesaria e aborrecida Auria noutros dous libros posteriores, Os biosbardos e Los miedos, libro que disque escribiu primeiro en galego e logo traduciu, asa?ado polo trato ¨¢ s¨²a anterior novela. Con Los miedos tentou o cami?o dun premio en castel¨¢n, o Nadal, pero a s¨²a novela foi terceira. Editada por Destino, foi denunciada ante a censura, a editorial pr¨¢cticamente tivo que escondela. Non, non haber¨ªa acougo nin abeiro para quen, sendo traballador incans¨¢bel, s¨® ti?a o seu talento e sobr¨¢balle orgullo. Non lle foi dada a prudencia en ning¨²n sentido, desprez¨¢baa; como desprezaba secretamente a tantos var¨®ns prudentes que o condenaban sentenciosamente. Condenado por imprudente, por orgulloso, por atolado, por maric¨®n sen vergo?a de selo. Sen d¨²bida a s¨²a homosexualidade non s¨® aparece na s¨²a obra sen¨®n que marcou todos os pasos da s¨²a vida provocadora. Unha vida escandalosamente s¨²a.
De volta coa paga de xubilado arxentino, no ano 65, entre Vigo, Ourense, viaxes a Madrid, Barcelona, a ofrecer artigos ¨¢ prensa galega, barcelonesa, madrile?a, sempre da man de amizades que o recomendan. Que ese can vello consegue ofender a petrucios e cabaleiros, ao seu redor a xente sep¨¢rase en bandos como auga e aceite, e non s¨® ten todos eses inimigos que ve e imaxina, tam¨¦n esperta a admiraci¨®n e a protecci¨®n de moitos, unha rolda. Amigos que saben que no trato co Eduardo est¨¢ o recibir iron¨ªas e burlas desa lingua. Son anos extenuantes, un infarto, dous infartos, coloca artigos ora aqu¨ª ora al¨® (tam¨¦n neste xornal, onde conta da homosexualidade de Lorca), e sempre a buscar algunha canonx¨ªa que lle protexa a vellez, sempre a esixir o reco?ecemento que a s¨²a vaidade infinita precisa e que sabe que merece. At¨¦ que a danza de feridas, coqueter¨ªa, vaidades, talento, desexo remata e rebenta o coraz¨®n nun hotel vigu¨¦s ¨¢s d¨²as e media da madrugada do 30 de Santos do 1979. S¨®.
Abandona a pista de baile o impertinente, o arribista, petimetre, insolente. Eduardito, bailaches de carallo. Arrasaches cos teus zapati?os de charol. Bravo!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.