Os 144 instrumentos do pa¨ªs
Unha obra de Pablo Carpintero cataloga por primeira vez os bens musicais galegos, moitos desaparecidos nas ¨²ltimas d¨¦cadas polo despoboamento do rural
Un neno de hai corenta anos era quen de construir, e tocar, vinte ou trinta instrumentos musicais diferentes. O carrizo, o fungueiro, o reque-reque ou o roncollo eran alg¨²ns deles, os m¨¢is sinxelos, que m¨¢is que instrumentos foron xoguetes para cativos e mozos. Eran baratos e doados de fabricar, porque estaban na propia natureza: cascas de noz, talos de millo verde ou codia de casti?eiro serv¨ªan para xogar a facer m¨²sica nos momentos de lecer. Pero os dos nenos son s¨® unha parte, nada desprezable, dos m¨¢is de 140 instrumentos que durante o s¨¦culo XX se constru¨ªron e tocaron en Galicia. A meirande parte deles desapareceron nas ¨²ltimas d¨²as d¨¦cadas, pero un longo traballo de investigaci¨®n de Pablo Carpintero (Carballedo, Lugo), luthier, afeccionado e estudoso da m¨²sica tradicional galega, v¨¦n de rescatalos do esquecemento. Os instrumentos musicais na tradici¨®n galega (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2009) documenta e describe os instrumentos galegos do s¨¦culo XX a trav¨¦s da memoria dos que os tocaron e constru¨ªron. Foron dezaseis anos de traballo de campo nos que este profesor de Bioqu¨ªmica da Universidade de Santiago e agora doutorando en Historia da Arte percorreu, ademais da Galicia administrativa, as ¨¢reas de lingua e cultura galegas de Navia, O Bierzo, As Portelas de Zamora e San Mart¨ªn de Trebello (Val do X¨¢lima, C¨¢ceres), onde segue viva a fala, froito das repoboaci¨®ns da Reconquista. Achou un total de 144 instrumentos distintos. "E seguro que hai m¨¢is, s¨® ¨¦ cuesti¨®n de seguir buscando", asegura Carpintero.
A creaci¨®n de ¨²tiles musicais era un divertimento para nenos e mozos
O prestixio do m¨²sico ¨¦ para os homes adultos que tocan en p¨²blico
Roscas, pipas de centeo, gaitas con vincha, charrascos e mirlit¨®ns desapareceron conforme as aldeas foron quedando baleiras. O despoboamento do rural, acelerado nas ¨²ltimas d¨¦cadas, impuxo un cambio de h¨¢bitat letal para a creaci¨®n de instrumentos tradicionais. Cambiaron as formas de ocio, e con elas o costume de crear m¨²sica con obxectos coti¨¢ns. Divertirse era unha das finalidades, pero tam¨¦n aprender. Entre os 300 instrumentos que Pablo Carpintero atesoura na s¨²a casa en Santiago -cos que lle gustar¨ªa, di, "facer no futuro un pequeno museo"- abondan as pipas de alcac¨¦n ou as gaitas de sabugueiro, chanzos intermedios cara a aprendizaxe da gaita de fol, o instrumento de maior estatus na tradici¨®n musical galega. Carpintero identificou os marcadores encubertos que explican as diferentes consideraci¨®ns dos ¨²tiles empregados para facer m¨²sica. "Non ¨¦ igual que se toque nunha foliada ou de xeito privado, como pasatempo ou adestramento, tampouco que o toque unha muller ou un home, un adulto ou un neno, unha nena ou un neno", afirma o autor, que dedicou os ¨²ltimos 16 anos a falar con cantadoras, afeccionados e gaiteiros de toda Galicia. Nesas conversas sa¨ªron a relucir as categor¨ªas inconscientes, nunca verbalizadas, relativas ¨¢ filiaci¨®n sexual e social dos instrumentos. "A maior parte dos ¨²tiles constru¨ªdos para facer melod¨ªa est¨¢n asociados aos homes, adultos ou nenos, como tam¨¦n o est¨¢n aqueles que os acompa?an ritmicamente", explica Carpintero. As¨ª, instrumentos como o tambor ou o bombo -unha parte nada desprezable dos vintedous membran¨®fonos rexistrados na obra- son territorio masculino, como tam¨¦n o son os que acompa?an o gaiteiro nas grandes celebraci¨®ns. A da muller, pola contra, ¨¦ unha m¨²sica m¨¢is coti¨¢, vinculada moitas veces ao traballo de fiado e a xuntanzas festivas de menor envergadura na que o instrumento -pandeiretas, cunchas, latas- acompa?a ¨¢ voz. "No noso sistema de cultura tradicional existiu unha clara asociaci¨®n entre o masculino e a melod¨ªa e entre o feminino e a voz", asegura Carpintero. Mesmo nalgunhas frautas moi sinxelas que elaboraban os cativos se aprecia a distinci¨®n. "Cando s¨® pitan, fanas tam¨¦n as nenas, pero no momento en que se lle engaden buracos para producir melod¨ªa, ¨¦ cousa de nenos", puntualiza.
Por¨¦n, hai excepci¨®ns que confirman a regra. Nos concellos de Pi?or, O Irixo e O Carballi?o, no noroeste ourens¨¢n, Carpintero documentou a existencia dun tambor exclusivamente feminino e habitual nas vodas, que os carpinteiros constru¨ªan a petici¨®n das mulleres. Tam¨¦n nos Ancares se te?en noticias deste instrumento, que debeu incorporarse ¨¢ tradici¨®n galega en datas recentes, porque o tambor ten "unha longu¨ªsima tradici¨®n masculina".
A maior¨ªa dos ¨²tiles eran sinxelos: siringas (asub¨ªos e chifres) fabricadas coas canas dos foguetes, tarra?olas (as casta?olas dos nenos), estraloques de talo de millo que ao axitarse recordan ao estalido das flores de bilocroca e carrizos sen mais complicaci¨®n que unha cavidade oca na que bate unha ling¨¹eta de madeira. A inclusi¨®n destes bens, que foron sobre todo enredos de cativos, na categor¨ªa de instrumentos musicais, parellos ¨¢ gaita, ¨¢ zanfona ou ao pandeiro, depende da finalidade coa que se usan e do virtuosismo do que toca. Como di Carpinteiro no libro, "o que toca a folla para facer un baile de xeito habilidoso ¨¦ claramente un m¨²sico, e nese momento, a folla ¨¦ o seu instrumento musical". Mais na categor¨ªa final do instrumento e do propio m¨²sico interve?en outros marcadores, non sempre conscientes. Non ¨¦ o mesmo tocar para un p¨²blico nunha festa e cun contrato que facelo para un grupo de amigos e por simple pracer. Con todo, ¨¦ a gaita de fol a que acada a realizaci¨®n ideal na cultura tradicional galega: a s¨²a semellanza con ela confire un estatus maior ao resto dos instrumentos.
A Fonsagrada (Lugo) conserva alg¨²ns dos instrumentos m¨¢is peculiares de Galicia. A trompa ou birimbau, un ferri?o que cont¨¦n unha palleta que vibra ao soprar sobre ela. A fabricaci¨®n deste ¨²til, empregado polos pastores nas horas mortas, era cousa de ferreiros especializados que chegaron a abrir talleres dedicados ¨¢ s¨²a produci¨®n. Carpintero explica que o son da trompa -o canto de sapo, como lle chaman no concello lucense- se vincula ¨¢ Amanita muscaria, un fungo alucin¨®xeno presente en rituais m¨¢xico-relixiosos durante o megalitismo.
O uso ritual dos instrumentos tradicionais tam¨¦n ¨¦ evidente no charrasco, documentado na comarca do Ulla. O charrasco -un mastro de case dous metros de altura cruzado na s¨²a parte superior por tres traveseiros con ferre?as- aparec¨ªa no Nadal e no Entroido acompa?ando aos requinteiros ou cantadores de concello como Teo, A Estrada ou Vedra. Malia que perderon a s¨²a morfolox¨ªa orixinal, a s¨²a inclusi¨®n en grupos de gaitas faille pensar a Carpintero que est¨¢n a adquirir, "estatus de verdadeiros instrumentos musicais".
O rei David esculpido na fachada da catedral de Santiagoque d¨¢ ¨¢s Prater¨ªas sost¨¦n entre as mans o que poder¨ªa ser unha viola medieval ou un rabel, presente na iconograf¨ªa de numerosas igrexas e capelas de Galicia. A Carpintero, o instrumento de Prater¨ªas rec¨®rdalle moito, pola forma e a maneira de agarralo, ao rabel de Porto, que a¨ªnda ten un tocador e construtor neste concello da comarca de Sanabria (Zamora) que ata o s¨¦culo XIX pertenceu ¨¢ Galicia administrativa. Presente nas Cantigas de Santa Mar¨ªa, citado por Frei Mart¨ªn Sarmiento e Xo¨¢n Manuel Pintos, o rabel tivo "certa presenza na m¨²sica tradicional ata finais do s¨¦culo XIX". En Porto, por¨¦n, numerosas coplas proban a omnipresencia do rabel entre os pastores e nas festas familiares, como soporte da voz. Non hai no caso do rabel filiaci¨®n sexual: tanto mulleres como homes o tocaron.
"Cando falaba con gaiteiros e lles preguntaba canto tempo botaran aprendendo a t¨¦cnica, dic¨ªanme que ao d¨ªa seguinte de comprar a gaita xa a tocaban", relata Carpintero, sorprendido pola gran cantidade de frautas empregadas polos rapaces que aspiraban a tocar o instrumento galego de m¨¢is categor¨ªa. En realidade, os mozos levaban tempo ensaiando con pipas de alcac¨¦n, avea ou centeo, gaitas de sabugueiro, roscas do Baixo Mi?o ou pitos de lata que a¨ªnda se pod¨ªan comprar nas feiras ata ben entrado o s¨¦culo XX. Coa proliferaci¨®n das bandas populares no s¨¦culo XIX incorpor¨¢ronse certos tipos de saxof¨®ns, prati?os e clarinetes alleos ¨¢ tradici¨®n galega. Menos traballados, alg¨²ns ¨²tiles coti¨¢ns tiveron un uso musical coa popularizaci¨®n de certas marcas. Botellas labradas de an¨ªs e latas de pemento acompa?aron o canto das fiadeiras na posguerra cando non hab¨ªa di?eiro para facerse cunha pandeireta.
Unha obra ¨²nica
- Dous referentes. Os instrumentos musicais na tradici¨®n galega ¨¦ a obra de m¨¢is envergadura sobre os instrumentos musicais de Galicia, sobre todo pola gran cantidade de bens repertoriados. S¨® existen dous traballos comparables, Instrumentos musicais populares portugueses de Ernesto Veiga de Oliveira, e a obra colectiva Musique bretonne. Histoire des sonneurs de tradition (Ar Men, 1996).
- Salvagarda do patrimonio. A obra de Carpinteiro elaborouse ao abeiro do Proxecto Ronsel, que botou a andar hai tres anos con investigadores das tres universidades galegas. A s¨²a labor materializouse no Plan de Salvagarda do patrimonio inmaterial, dedicado ao estudo de ¨¢mbitos tan diversos como a artesan¨ªa, os oficios tradicionais ou a literatura oral.
- Estudo multidisciplinar. Pablo Carpintero clasifica os instrumentos segundo as categor¨ªas establecidas por Hornbostel e Sachs en 1914, pero ten en conta outras disciplinas como a psiquiatr¨ªa e a etnograf¨ªa popular.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.