Contra o 'franquismo sociol¨®xico'
Novas perspectivas historiogr¨¢ficas analizan desde Galicia o proxecto de modernidade da II Rep¨²blica, a lexitimaci¨®n da ditadura ou a resistencia no rural
"El origen de la enfermedad de nuestra democracia reside en la deslegitimaci¨®n de Franco y el franquismo". Como mostra prudente, ¨¦ un exemplo dos discursos que aboian nalguns xornais ou no centro de plataformas como Libertad Digital ou Intereconom¨ªa. A reviravolta sem¨¢ntica non d¨¢ para a rexouba. ? apolox¨ªa do franquismo, e non chega ¨¢ Fiscal¨ªa porque non ¨¦ delicto.
"Un dos grandes problemas ¨¦ que os historiadores non est¨¢n nos medios", ap¨®n o historiador Emilio Grand¨ªo. "Non ¨¦ tanto a escola, sen¨®n a informaci¨®n, que s¨® aborda estas tem¨¢ticas dramaticamente". Grand¨ªo, que coordinara a investigaci¨®n sobre a represi¨®n na Coru?a para As v¨ªtimas, os nomes, as voces e os lugares, o proxecto de catalogaci¨®n da represi¨®n impulsado ao abeiro do Ano da Memoria 2006, sit¨²a agora o traballo dos investigadores galegos: "Xa sabemos cantas v¨ªtimas houbo e o grao de represi¨®n, agora imos intentar explicar por que durou tanto desde outras perspectivas". A Xunta recurtou nun 90% o orzamento do proxecto, que s¨® chegou a 1939 -o obxectivo era 1977-, mais os campos que contribu¨ªu a anchear o apoio institucional ¨¢ memoria hist¨®rica seguen abertos.
Dionisio Pereira pescuda na represi¨®n exercida pola patronal
A resistencia dos labregos fixo posible que existiran fuxidos
A 'seguridade social' da ditadura ti?a moito que ver co clientelismo
Galicia s¨²mase ¨¢s li?as de investigaci¨®n sobre a vida coti¨¢ na Rep¨²blica
Desde a lexitimaci¨®n social do franquismo, e a caracterizaci¨®n da resposta social, ¨¢ clandestinidade -reducida durante moito tempo ao intento de sistematizaci¨®n de Hermut Heine A guerrilla en Galicia (Xerais, 1980)- ou ¨¢s feridas sen encoirar da II Rep¨²blica como promesa real de modernidade, v¨ªtima desde finais dos 90 do revisionismo ultra. Grand¨ªo, que fixo a tese sobre a CEDA en Galicia, publica agora A II Rep¨²blica en Galicia. Memoria, mito e historia (Nigra-Tea), que servir¨¢ para actualizar os traballos de Bernardo M¨¢iz (Galicia na II Rep¨²blica e baixo o franquismo, 1988) ou Carlos Velasco. Div¨ªdeo en seis ep¨ªgrafes, desde a posici¨®n da Igrexa ao funcionamento do poder local -a praxe vi?a de Primo de Rivera e da Restauraci¨®n-, ata as elecci¨®ns do Frente Popular. "?s veces parece que a II Rep¨²blica s¨® existe polos mortos", critica. "E logo c¨®ntalo e ¨¢ xente sorpr¨¦ndelle que houbese plans de municipalizaci¨®n, naturismo ou revistas sat¨ªricas".
Noutra an¨¢lise, Dionisio Pereira publicar¨¢ antes do ver¨¢n Loita de clases no mar e represi¨®n franquista contra os mari?eiros galegos (1864-1939), que sintetiza parte do traballo da s¨²a vida. O devalar do asociacionismo mari?eiro e c¨®mo o esganaron. Pereira documenta a represi¨®n "de clase" exercida pola patronal, tanto a de altura como a conserveira, sobre os mantedores de ideas pol¨ªticas e carn¨¦ sindical en li?a de costa. Foi prudente -un xulgado desestimou en 2007 a denuncia contra el por ter sinalado ao ex alcalde franquista de Cerdedo como "presunto instigador" da represi¨®n-, mais todo o que se di, nomes inclu¨ªdos, volve estar constatado por v¨ªa oral e arquiv¨ªstica. Patronais como a de Vigo-Bouzas, remarca, "foron parte activa nas represalias".
Se en Catalu?a levan tempo balizando o feminismo anarquista, os batall¨®ns de traballadores ou o papel dos estalinistas catal¨¢ns -liberados do PCE- durante o conflito, as abordaxes da guerra, a resistencia e o ermo franquista en Galicia responden ¨¢ media estatal. Por¨¦n, os t¨®picos de mansedume e entreguismo na retagarda popularizados -tam¨¦n- entre os soldados republicanos que fac¨ªan burla dos mariscos -os reemprazos forzosos de galegos, entre eles Celso Emilio ou Pousa Antelo-, non son f¨¢ciles de desarraizar en certo imaxinario estatal, malia ao asasinato de 4.200 galegos s¨® entre 1936 e 1939, e en zona nacional.
Neste punto, o traballo exhaustivo de historiadores locais como Lu¨ªs Lamela ou Xerardo Agrafoxo, o primeiro en tirar fontes das causas militares, ou a sistematizaci¨®n da violencia en Ourense e Lugo, a cargo de Xulio Prada e Mar¨ªa Jes¨²s Souto, visual¨ªzase tam¨¦n a trav¨¦s dos 28 t¨ªtulos de colecci¨®ns coma O fardel da memoria, de Edici¨®ns A Nosa Terra. S¨® Curux¨¢s, o guerrilleiro que non cazou Franco, o libro que publicou o melidense Carlos Parrado sobre Ram¨®n Varela, morto en 1967 -os derradeiros maquis foron galegos-, vendeu 1.300 exemplares o ano pasado. "Un bestseller real ", di o director literario, Xos¨¦ Henrique Acu?a. "? a necesidade local e comarcal de facerse coas historias reais".
Entre as perspectivas historiogr¨¢ficas que pulan por situar o franquismo no estudo cient¨ªfico, son xustamente as li?as de investigaci¨®n en historia da vida coti¨¢, a¨ªnda recente nas universidades espa?olas, as de prospecci¨®n recente en Galicia. Se Euskadi e Catalu?a centran as an¨¢lises no obreirismo e a burgues¨ªa, as primeiras aportaci¨®ns galegas ao debate transversal, onde collen antropolox¨ªa simb¨®lica e econom¨ªa moral, saen do campo. Tratan a interacci¨®n entre o campesi?ado e a autoridade (Labregos no franquismo, de Anxo Collarte, Difusora de Letras), a cuesti¨®n do acatamento (o recente Xente de orde, de Ana Cabana, en 3C3) ou ambicionan unha aproximaci¨®n sociol¨®xica total, como Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e pol¨ªticas agrarias en Galicia durante o franquismo, de Daniel Lanero, que pronto publicar¨¢n 3C3 e a Fundaci¨®n 10 de Marzo.
"As actitudes sociais son din¨¢micas. Os mesmos suxeitos, nas mesmas capas sociais, consenten nuns ¨¢mbitos e resisten noutros", resume Cabana. Era a Hermandad Sindical de Labriegos y Ganaderos -despois C¨¢maras Agrarias- a que contactaba co Servicio Nacional de Productos Agrarios para reparar colleitas perdidas, do mesmo xeito que un funcionario pod¨ªa decidir quen ti?a pensi¨®n e m¨¦dico. A destrucci¨®n da conciencia pol¨ªtica, a resistencia dos mesmos labregos que fac¨ªan viable a existencia de fuxidos ou o fracaso relativo das pol¨ªticas de repoboaci¨®n dos espazos agrogandeiros reconvertidos en forestais ¨¢ forza -se logo a autoridade repara parcialmente ocom¨²n ¨¦ polo lume que lle prend¨ªan os labregos-, estudiada en Galicia por Eduardo Rico Boquete, compl¨¦tase agora coas mesmas achegas que valen para o Goberno de Vichy, o nazismo ou a dignidade nas comunidades pequenas, caso de James C. Scott, o autor d'Os dominados e a arte da resistencia.
Recunca Lanero a partir da seguridade social do franquismo, f¨ªo m¨ªtico que a¨ªnda perdura. "Son d¨¢divas que te?en que ver coa propaganda, resortes para favorecer adhesi¨®ns persoais que te?en moito que ver co clientelismo pol¨ªtico". Desa rede, conv¨¦n, "sa¨ªron moitos alcaldes no comezo da democracia".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.