O d¨ªa en que o punk entrou na Academia
O poeta Lois Pereiro, morto aos 38 anos, centrar¨¢ os actos do vindeiro 17 de maio - Con el, unha literatura urbana e contempor¨¢nea recibe reco?ecemento
Nos anos finais, a s¨²a efixie evocaba as figuras do expresionismo cinematogr¨¢fico xermano. A Lois Pereiro, nas fotograf¨ªas, sempre lle aparec¨ªa unha sombra, a mesma que poboaba os seus poemas. ?ltimos de amor e enfermidade, alcumounos no seu segundo libro, editado en decembro de 1995 meses antes de morrer. Da s¨²a obra, experiencial e, daquela, ag¨®nica, extraeu a Real Academia Galega as raz¨®ns para dedicarlle as homenaxes do 17 de maio de 2011. "? a voz m¨¢is singular dunha xeraci¨®n, a dos oitenta", arg¨²e Margarita Ledo, canda Manuel Rivas e Xos¨¦ Lu¨ªs Axeitos unha das promotoras na r¨²a Tabernas da candidatura de Pereiro.
Nesa promoci¨®n, o poeta de Monforte (nado en 1958) ocupa o lugar do estra?o. "A s¨²a ¨¦ unha po¨¦tica da fenda e da utop¨ªa", est¨¦ndese Ledo, "pero sen que unha se afaste da outra". Con Lois Pereiro, f¨®ra dos barroquismos ling¨¹¨ªsticos dos seus pares, comparecen, a dicir da acad¨¦mica, os primeiros indicios dunha cultura indie. Publicado f¨®ra das editoras grandes e activista nos peri¨®dicos La Naval -na movida coru?esa- ou Luzes de Galiza, o autor tam¨¦n se prodigou como letrista after-punk -Terra Cha ou Narcisismo, para a banda do seu irm¨¢n, Radio Oc¨¦ano. E vela¨ª, nese andar polas marxes culturais malia o reco?ecemento xeralizado do seu traballo en verso, o interese de Margarita Ledo: "G¨²stanme estes nexos tranversais entre a instituci¨®n e a cultura independente".
Pereiro abre a caixa das contradici¨®ns: un poeta punk na casa petrucial
Chus Pato: "Hoxe s¨ªntome orgullosa da decisi¨®n da Academia"
Porque a designaci¨®n de Lois Pereiro abre a caixa das contradici¨®ns: un poeta punk homenaxeado pola casa petrucial. "Non podo evitar ver isto como un movemento estrat¨¦xico", sinala a profesora, e poeta, Mar¨ªa do Cebreiro, "darlle nos foci?os a quen goberna implica elixir un poeta mozo co que os rapaces que est¨¢n a ser privados dos seus dereitos ling¨¹¨ªsticos poidan identificarse". Mais Do Cebreiro detecta, ao mesmo tempo, as antinomias, as incomodidades, que agacha presentar a figura de Pereiro como monumento. "A instituci¨®n prop¨®n un tributo a unha figura de resistencia, pero de resistencia non nacional, a do marxinal". Ao cabo, co autor de poemas 1981/1991 ¨¦ o poeta maldito, "tan escaso na literatura galega", o que se coloca na discusi¨®n.
"Pensar que certas mocidades urbanas van entrar na causa galega a trav¨¦s dos versos de Pereiro ¨¦ pensar en termos minoritarios", considera, por¨¦n, Xes¨²s Alonso Montero, "a capacidade mobilizadora da Academia resulta m¨ªnima". O acad¨¦mico, reincorporado recentemente aos labores do organismo, defendeu en pleno a candidatura de An¨ªbal Otero, fil¨®logo insigne de Ribeira de Piqu¨ªn que sobreviviu en 1936 a unha condena a morte, ao D¨ªa das Letras. "? unha m¨¢goa que se desaproveite o seu centenario [Otero naceu en 1911 e morreu en 1974]", engade. Con todo, Alonso Montero reco?ece que as est¨¦ticas de Pereiro e Rivas "casan ben". De Manuel Rivas, amigo de Lois Pereiro e con el confeccionador da revista Loia no Madrid de finais dos setenta, xurdiu a proposta finalmente vencedora.
Ese "poeta moi culto, no que conviven a whiskada nocturna e o palimpsesto verde do Incio", en palabras de Margarita Ledo, excedeu aos seus compa?eiros de xeraci¨®n. Contra a idea e a pr¨¢ctica dominante de literatura reconcentrada, ensumida, para os poemas de Pereiro non ¨¦ operativa a separaci¨®n letras/vida. Nin o contrario. "Eu sempre me sent¨ªn orgullosa de ser contempor¨¢nea de Lois e hoxe sinto tam¨¦n ese orgullo pola decisi¨®n da Academia", escribe Chus Pato, que ademais de compartir tempo e lugar con Pereiro, compartiu posici¨®n tanxencial respecto do que a cr¨ªtica canonizou como "Xeraci¨®n dos 80".
"O pasado s¨¢bado [cando a RAG tomou a decisi¨®n]", contin¨²a Pato, "pensei en que clase de pa¨ªs ser¨ªa este se todo o demais, a econom¨ªa, o social, a cultura, estivese ¨¢ altura da decisi¨®n da Academia: ser¨ªa unha Galicia valerosa e ceibe". Para a poeta ourens¨¢, respons¨¢bel de libros centrais como A ponte das poldras, M-Tal¨¢ ou Secesi¨®n, con Pereiro, esa cuadrilla de autores "entra nalgo as¨ª como nunha sorte de eternidade comunal, nunha gran poes¨ªa, nun poema inmorredoiro, intermin¨¢bel".
Foi Xulio L¨®pez Valc¨¢rcel un dos integrantes do grupo coru?¨¦s De amor e desamor. No volume colectivo de 1984 tam¨¦n hab¨ªa poemas de Lois Pereiro. "A Academia apostou por un autor de culto, de obra ben curta pero consecuente", exp¨®n Valc¨¢rcel, cuxa poes¨ªa se sit¨²a, talvez, no extremo oposto ¨¢ de Pereiro. A cercan¨ªa ¨¢s culturas centroeuropeas -Thomas Bernhard, Wim Wenders, Paul Celan, Wittgenstein, Thomas Mann- ¨¦ decote lembrada, por oposici¨®n ¨¢ preferencia latina que, segundo Valc¨¢rcel, caracterizaba a literatura galega. Ezra Pound, Ballard pasado pola banda post-punk Joy Division ou James Joyce conforman outros exemplos da antroponimia presente na obra de Pereiro.
"A escolla demostra que hai un aggiornamento da instituci¨®n, amosa que ¨¦ capaz de ir co tempo", anota, amais, L¨®pez Valc¨¢rcel. E apunta a posibilidade de que o D¨ªa das Letras 2011 dedicado a un escritor "en carne viva, que ¨¦ v¨ªtima e representa a ¨¦poca das drogas, da sida, para ben e para mal", achegue outras sensibilidades ¨¢ lingua galega. "Envelenouse co que com¨ªa", di Margarita Ledo, "non pode haber nada m¨¢is do noso tempo". Lois Pereiro contraera, nos seus anos madrile?os, a enfermidade do aceite de colza.
Das maneiras en que Lois Pereiro transcendeu o contexto no que escribiu fala Leo Fern¨¢ndez Campos. Usuario do heter¨®nimo O Leo i Arremec¨¢ghona como "cantor punk", Campos reivindica a etiqueta para o autor de Poemas ¨²ltimos... "Limitar o punk ¨¢s s¨²as manifestaci¨®ns evidentes ¨¦ reducilo", explica, "e xa Greil Marcus o situou na esteira do dad¨¢ ou dos situacionistas". A¨ª encaixa o traballo po¨¦tico de Pereiro, "un reverso pr¨ªstino do que escrib¨ªan Ronseltz ou Rompente, un volver ao que importa". A ausencia de ret¨®rica, de impostaci¨®n, nun poeta arredado dos manierismos posmodernos hexem¨®nicos na d¨¦cada dos oitenta: o seu ensaio Modesta proposici¨®n para renunciar a facer xirar a roda hidr¨¢ulica dunha c¨ªclica historia universal da infamia ¨¦ un chamado ¨¢ resistencia datado en 1994.
Fern¨¢ndez Campos conf¨¦sase curioso "pola tensi¨®n que crea a decisi¨®n acad¨¦mica, como beirear¨¢n a marxinalidade de Pereiro". Unha marxinalidade -segundo o profesor Arturo Casas non de todo real no referente ¨¢ recepci¨®n dos seus poemas- que, achega Leo Campos, "se cadra comparte coa Academia, dada a situaci¨®n pol¨ªtica actual e o desinchamento da cultura ritual da era Fraga". A percepci¨®n de Paco Mac¨ªas, editor de Lois Pereiro en Positivas, sem¨¦llase.
"Te?o un sentimento ambiguo", comenta, "porque o cerimonial eng¨®lete ao tocar tan preto; agora ben, se a Academia tomou esta decisi¨®n ¨¦ porque as cousas cambiaron a¨ª dentro". Mac¨ªas, daquela asociado con Xel¨ªs de Toro, turrou por dar forma de libro a poemas 1981/1991 (maio de 1992). "Edici¨®ns Positivas naceu por xente como Lois", rememora, "que nos gustaban e non ti?an sitio noutros lugares; el abriu a colecci¨®n di-versos" [que acolleu a Manuel Outeiri?o ou Reixa]. Ese ¨¦ o poeta que, asegura Mac¨ªas, "a sociedade deber¨¢ roubarlle ¨¢ Academia en 2011, superala. Iso ser¨ªa o bo".
? Mar¨ªa do Cebreiro, quen xa noutras ocasi¨®ns amosara a s¨²a preferencia por Pereiro para un 17 de maio, a que deita un interrogante conclu¨ªnte: "O que todo isto nos obriga a pensar, dun xeito moi radical, non ¨¦ qu¨¦ pinta Lois Pereiro nese d¨ªa, sen¨®n o sentido que te?en, ou que deben ter, as instituci¨®ns culturais nun tempo pol¨ªtico como este".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.