A ilusi¨®n ao alcance da man
Un congreso xunta na Coru?a a 700 magos do mundo
Te?en e son arte. Os ilusionistas galegos non descubriron a p¨®lvora, nin os pos m¨¢xicos para aparecer ou desaparecer, pero lograron converterse nun referente nacional coa aplicaci¨®n dunha das m¨¢is vellas estrataxema do mundo: a uni¨®n fai a forza. Asociar¨®nse como profesionais e conseguiron o que a maior¨ªa dos seus colegas no resto do Espa?a a¨ªnda loitan por ter: Galicia ¨¦ a primeira comunidade en reco?ecer oficialmente a maxia como arte esc¨¦nica, un gal¨®n acadado en 2006 que lle abre a porta a entrar no reparto de axudas p¨²blicas ¨¢ produci¨®n e ¨¢ difusi¨®n de espect¨¢culos culturais, no mesmo rango co teatro, a danza ou os monicreques. E esta terra de lendas, de mouchos, sapos, coruxas e meigas ¨¦, con diferencia, a que celebra m¨¢is festivais de maxia de todo o Estado.
A Asociaci¨®n de Magos Profesionais de Galicia ¨¦ ¨²nica en Espa?a
A Xunta eliminou as axudas ao sector e reaccionou por mor das protestas
Demostraci¨®n de forza ¨¦ o Congreso Nacional M¨¢xico que re¨²ne ata o domingo na Coru?a a m¨¢is de 700 prestixitadores de todo o ancho do mundo. ? a primeira vez que os magos galegos son os anfitri¨®ns deste c¨®nclave anual, que conta xa 30 anos de percorrido. E fixeron gala de poder¨ªo ao converteren unha asemblea ata ag¨®ra s¨® para profesionais e afeccionados nunha festa aberta a calquera tipo de p¨²blico e idades que se espalla en todos os recunchos da cidade.
"Non sei se somos a envexa dos dem¨¢is, pero ¨¦ certo que se nos felicita e consulta moito para saber c¨®mo fixemos para ir subindo chanzos e chegarmos cada vez a m¨¢is p¨²blico e reco?ecemento", conta Mart¨ªn Cami?a, presidente da Asociaci¨®n de Magos Profesionais de Galicia. Con 20 socios, desde o veterano Mago Ant¨®n at¨¢ os m¨¢is novos pero xa premiados da profesi¨®n, a asociaci¨®n ¨¦ tam¨¦n ¨²nica en Espa?a.
O seu mozo presidente, especialista da ilusi¨®n de cercan¨ªa con delongada traxectoria malia ter s¨® 27 anos, proclama con orgullo que a maxia, en Galicia, ¨¦ agora m¨¢is accesible que nunca. Est¨¢ ao alcance de todos, tras as intensas negociaci¨®ns de hai catro anos coa Xunta para acadar reco?ecemento e un circu¨ªto de maxia, o ¨²nico en Europa, que percorre medio centenar de concellos e conta cuns 20.000 espectadores.
Detr¨¢s do bum da prestidixitaci¨®n, en parelelo ao labor dos profesionais, tam¨¦n est¨¢ a inestimable acci¨®n dos 400 apaixonados da prestidixitaci¨®n que, organizados en sociedades locais -hai unha en cada cidade-, contrib¨²en a salferir por toda Galicia maxia con entidade e tam¨¦n identidade propias.
"? certo que temos un peso profesional e que estamos moi ben considerados no resto de Espa?a, a maxia galega acadou valor e prestixio", corrobora Kiko Pastur, o ilusionista galego m¨¢is premiado. Este especialista en efectos e trucos cos naipes, de 34 anos, ¨¦ o coordinador desde semana internacional que enche de espect¨¢culos de ilusionismo a s¨²a cidade natal. ? salienta que, ao entrar nos circu¨ªtos culturais das deputaci¨®ns e dos concellos, a prestidixitaci¨®n non s¨® ga?a p¨²blico, afeccionados, sen¨®n tam¨¦n variedade. "Ao haber m¨¢is demanda, tam¨¦n hai m¨¢is oferta, a nosa arte foi evolucionando e agora ¨¦ m¨¢is vers¨¢til", engade.
Nos innumerables festivais mistur¨¢nse trucos, efectos e ilusionismos do todo tipo. Os magos galegos apostan pola innovaci¨®n e tam¨¦n son reco?ecidos como especialmente creativos. Entre os principais cometidos da asociaci¨®n de profesionais est¨¢ organizar actividades m¨¢xicas non s¨® con contido l¨²dico, sen¨®n tam¨¦n did¨¢ctico para todo tipo de p¨²blico, sen esquecer ademais promover espect¨¢culos con mensaxes sociais reivindicativas. E fomentar e difundir a maxia en lingua galega, outra das tarefas preferentes dos profesionais. O seu so?o ¨¦ a creaci¨®n dunha escola oficial.
Pero a¨ªnda queda cami?o por percorrer. Todos os logros que permitiron o despegue e actual prestixio do ilusionismo galego acadar¨®nse durante o mandato do bipartito na Xunta. Este ano sufriron un retroceso ao desaparecer do reparto das axudas p¨²blicas. "Vale que a crise obrigue a recortar os proxectos e as subvenci¨®ns, pero non que se eliminen totalmente", explica Cami?a.
Finalmente, o Goberno galego reaccionou ante a protesta reivindicativa dos magos, que fixeron en xullo unha pequena xira de espect¨¢culos polo Cami?o de Santiago para reclamar m¨¢is apoio ¨¢ s¨²a profesi¨®n. As produci¨®ns e festivais de maxia volven aparecer na convocatoria de axudas, a¨ªnda que despois de gozar de categor¨ªa propia durante cuatro anos agora son asociadas ao teatro. "Pero cada vez hai m¨¢s concellos e instituci¨®ns que nos reclaman, e agora chegamos a moit¨ªsimos m¨¢is sitios que hai catro anos", indica Cami?a. A maxia galega est¨¢ de moda.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.