A estrela e os gal¨¢cticos
A recente concesi¨®n dos Premios da Cultura, coa comentada renuncia de Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz a aceptar o reco?ecemento, en paralelo coa non menos comentada aceptaci¨®n por parte da Editorial Galaxia alegando o car¨¢cter institucional da convocatoria, ponnos fronte a un debate de maior calado que o do simple xogo de opini¨®ns ou as tensi¨®ns dom¨¦sticas do sistema literario.
As posturas de Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz e da hist¨®rica editorial son tan contrapostas que por forza habemos de pensar que un acerta e outro erra. Haber¨¢ quen diga, h¨®uboo, que non existe tal contraposici¨®n, que a reacci¨®n dispar non vai m¨¢is al¨¢ dunha banal cuesti¨®n de matiz estrat¨¦xico. Era boa! Que m¨¢is se precisa para certificar a fenda no mundo da cultura? Comunicados agresivos? Promoci¨®n de boicots? Aldraxes p¨²blicas?
Agradecemos a Fern¨¢nez Paz, m¨¢is grande que nunca, que nos retratase a todos, sen focos
Agust¨ªn sit¨²anos ante a incomodidade de ter que optar. A un conc¨¦denlle un premio ou non llo conceden. E un vai recollelo ou declina facelo. E declina en silencio ou expresa un motivo. E acepta sa¨ªr na foto ou non. As puntualizaci¨®ns de que "xa se sabe o que pensamos e que na Xunta hoxe est¨¢n estes e ma?¨¢ estar¨¢n outros" valen tanto coma sorrir na foto do acto a car¨®n de Feij¨®o ou po?er cara seria.
Hai ano e medio que, fronte ¨¢ pol¨ªtica do PP, os partidos, os sindicatos, as asociaci¨®ns, os medios, as universidades, a Real Academia Galega (RAG), os creadores, os pensadores ou as industrias culturais te?en que retratarse. Folga un novo repaso da colecci¨®n de ataques directos e deliberados aos fundamentos da nosa cultura por parte do Goberno. Argumentar que as relaci¨®ns deben manterse polo seu car¨¢cter institucional l¨¦vanos a preguntar: onde est¨¢ o l¨ªmite? Ou mellor a¨ªnda: existe ese l¨ªmite? Se vale todo, a colaboraci¨®n ent¨¦ndese. Se o l¨ªmite existe... onde o situar¨ªan os que aceptan esa colaboraci¨®n?
No paradoxo de Zen¨®n a frecha disparada non se mov¨ªa porque sempre ocupaba un lugar concreto no espazo, pero poucos nos situariamos na s¨²a traxectoria confiando nunha argumentaci¨®n f¨ªsica que prescinde do concepto de l¨ªmite. Galaxia dinos que non hai problema, que a frecha nunca nos alcanzar¨¢. Debe a Xunta tirar c¨®cteles molotov contra as editoriais para que digamos "basta"? Debe expulsar ao profesorado galegofalante das escolas? Estar¨ªa ben saber ata onde se sup¨®n que debemos aturar?
Un pensaba que ese l¨ªmite deber¨ªa ser distinto para a Fundaci¨®n Barri¨¦ de la Maza e para Galaxia. O l¨ªmite da Barri¨¦ xa o imaxinamos. O de Galaxia, se non nolo explican, d¨¦ixanos coa d¨²bida. Non se pode equiparar a Barri¨¦ con Galaxia pero, se esta acepta o premio e Agust¨ªn non, algo m¨¢is haber¨¢ en com¨²n entre as d¨²as primeiras que entre calquera delas e o escritor.
De entrada, Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz x¨®gase co seu xesto a s¨²a presenza p¨²blica, m¨®llase diante do seu p¨²blico e das mesmas instituci¨®ns que Galaxia invoca para dicir que non se molla moito, que iso seca axi?a. Agust¨ªn x¨®gase a dignidade e parte da s¨²a carreira literaria. X¨®gase a vida.
Galaxia tam¨¦n se xoga a existencia, noutro sentido. Porque a Fundaci¨®n Galaxia ¨¦ a todos os efectos unha empresa e a viabilidade econ¨®mica dunha empresa ¨¦ o que podemos chamar a s¨²a vida. Dirase que se a Galaxia lle fosen mal as contas, o mal sufrir¨ªao o pa¨ªs. Pode. E se a un escravo lle quitan a comida, morre, e a morte ¨¦ en principio peor que a fame. En principio. O feito ¨¦ que Fern¨¢ndez Paz toma a s¨²a decisi¨®n exercendo as s¨²as convicci¨®ns e representando o sentir dunha multitude de creadores. Galaxia toma a s¨²a decisi¨®n aparcando as s¨²as convicci¨®ns e represent¨¢ndose a si mesma como sociedade an¨®nima: a censura m¨¢is efectiva, e ao tempo elegante, non ¨¦ a que reprime sen¨®n a que acada a dependencia dos censurados.
A RAG, da que o presidente de Galaxia ¨¦ membro, non colaborou na patomima destes Premios-parodia de normalidade. A Asociaci¨®n de Escritores amosou o seu apoio a Fern¨¢ndez Paz, e non fixo o mesmo coa decisi¨®n da editorial. O que as diversas posturas reflicten ¨¦ que, hoxe m¨¢is que hai dous anos, existe unha fenda entre parte dos creadores e parte dos xestores do traballo deses creadores. En termos agr¨ªcolas, entre os productores e os intermediarios, e posturas como a aceptaci¨®n deses premios non contrib¨²en a pechar a fenda. Este distanciamento v¨¦n, atrev¨¦monos a dicir, non dunha radicalizaci¨®n dos creadores, abof¨¦ que non. D¨¦bese m¨¢is ben ¨¢ institucionalizaci¨®n, non como difuminada actitude vital sen¨®n de facto, pola v¨ªa do financiamento, de parte dos que noutrora viaxabamos no mesmo barco.
Por suposto houbo outros premios. E de momento ningu¨¦n m¨¢is de entre os galardoados expresou a s¨²a molestia en recibilo, a tempo est¨¢n. Desde aqu¨ª felicitamos a Agust¨ªn Fern¨¢ndez Paz, m¨¢is grande que nunca, e agradec¨¦moslle que nos retratase a todos, sen focos, nin c¨¢maras, nin excesiva acci¨®n.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.