Vicente Risco, tr¨¢xico buf¨®n, intruso perturbador
Vicente Risco ¨¦ visto hoxe como unha das figuras fundamentais do galeguismo cultural e pol¨ªtico, cando se pode dicir que pretendeu secuestralo intelectualmente. O galeguismo era unha forza actuante na sociedade e non se pode resumir na estampa dun grupi?o de intelectuais amigos, moi repunantes e cultos. Realmente Risco era alleo ao campo cultural e social do galeguismo e, paradoxalmente, case consegue arrastralo ao seu mundo.
Vicentito Mart¨ªnez-Risco y Ag¨¹ero foi un rapaz de sa¨²de e corpo cativos, e a que medrou nunca avultou moito aquel homi?o de grosos lentes. Mais aquela cabeci?a nunca deixou de ferver. Ram¨®n Otero Pedrayo, o seu amigo e veci?o da casa da R¨²a da Paz en Ourense, l¨¦mbrao como un meni?o que prefer¨ªa imaxinar historias v¨ªvidamente no canto de brincar polas r¨²as. A r¨²a, o mundo, sempre lle puxo medo a Vicente. Ben distinto de Otero, que a¨ªnda que viv¨ªa na cidade disfrutaba da casa grande na aldea, en Amoeiro. Al¨ª pasou Vicenti?o alg¨²ns d¨ªas nos que non disfrutou de aquela escuridade e aqueles lugares abertos e extra?os. O mundo de Vicente era o seu labirinto interior; o seu refuxio do mundo, o papel e as letras. O medo foi a enerx¨ªa creadora do seu pensamento.
Identificouse cos nazis, "unha reacci¨®n vital da naci¨®n alemana"
Abrazou o r¨¦xime franquista como ant¨ªdoto contra o temido caos social
O seu mundo era o labirinto interior, e o medo foi a s¨²a enerx¨ªa creadora
Defende unha idea de naci¨®n mesi¨¢nica, estrafalaria e mesmo esot¨¦rica
De moci?o creou a personaxe dun intelectual dandi no seu Ourense, estudou logo Dereito en Compostela, por contentar ao pai, como tantos fillos da pequena burgues¨ªa provinciana. Le aos escritores decadentistas (Verlaine, D?Annunzio, Baudelaire...) e inter¨¦sase polo esoterismo. Sobre iso escribe na revista ourens¨¢ La Centuria. E no 1917 comeza unha aventura intelectual e un experimento personal moi profundo que rematar¨¢ nun dram¨¢tico fracaso: o achegamento aos galeguistas.
Sabedor de que non est¨¢ capacitado para a vida social e a actividade p¨²blica, comezar¨¢ unha actividade intelectual intens¨ªsima dentro do galeguismo. No ano 1920 publica a s¨²a Teor¨ªa do nazonalismo galego, un texto que lle d¨¢ autoridade intelectual entre os galeguistas. Risco demostra audacia e, partindo da obra hist¨®rica e pol¨ªtica de Murgu¨ªa, traza uns rasgos identitarios que definen a Galiza como unha naci¨®n xa existente. A s¨²a idea de naci¨®n ten algo de estrafalaria, mesi¨¢nica e mesmo esot¨¦rica, ¨¦ unha idea b¨¢sicamente ¨¦tnica, non c¨ªvica ou pol¨ªtica. Con todo, en argumentando de modo claro un perfil nacional, os seus razonamentos foron tremendamente ¨²tiles aos galeguistas e d¨¦ronlle ao seu autor autoridade e un papel de guieiro.
Mais Risco era tan particular que non pod¨ªa guiar unha corrente pol¨ªtica e social como era xa o galeguismo. El ti?a o seu propio programa ideol¨®xico, e no 1922 utiliza o seu prestixio para intrigar e conseguir dividir o galeguismo, agrupado nas Irmandades da Fala. Conseguiu separar ¨¢ Irmandade coru?esa, a m¨¢is numerosa, do resto das irmandades, que callaron nunha organizaci¨®n nova, a Irmandade Nazonalista Galega (ING). A ING realmente ¨¦ un desv¨ªo no cami?o do galeguismo. O galeguismo progresista e republicano permaneceu na Irmandade coru?esa, que se integrou m¨¢is tarde na ORGA (Organizaci¨®n Republicana Galega Aut¨®noma) mentres a ING, dirixida por Risco, pretendeu ficar ¨¢ marxe da pol¨ªtica defendendo un galeguismo esencial, identitario e case metaf¨ªsico.
A ditadura do xeneral dereitista Primo de Rivera, en 1924, acabou coa ING. Risco foi incapaz de aprender que a dereita espa?ola era e hab¨ªa ser a irreduct¨ªbel inimiga pol¨ªtica do galeguismo e chegou a ocupar un cargo pol¨ªtico que lle ofreceu o novo r¨¦xime. Tras a ca¨ªda do ditador, comeza un tempo no que todo se move na sociedade, e Risco volve participar nos debates para a reorganizaci¨®n do galeguismo. No 1930 viaxa a Berl¨ªn, unha viaxe que vai reafirmar as s¨²as convicci¨®ns reaccionarias. Lois Tob¨ªo, tras a s¨²a visita, definiuno como un "reaccionario visceral". Al¨ª atemorizouno o avance das ideas comunistas e identificouse impl¨ªcitamente co movemento nazi, "unha reacci¨®n vital da naci¨®n alemana". Al¨ª confirma o seu medo ao futuro: ¨¢ disgregaci¨®n da sociedade, ¨¢ sexualidade libre de condicionamentos morais. Aquela viaxe faino decididamente milenarista: a Europa ag¨¢rdalle a fin do mundo se non reacciona.
Os xudeus, unha certa obsesi¨®n s¨²a. Reparou atentamente neles en Berl¨ªn, tam¨¦n cando escribiu sobre Witiza e mesmo escribiu e reescribiu un libro de certo ¨¦xito, Historia de los jud¨ªos desde la destrucci¨®n del templo. A¨ªnda que o libro expresa admiraci¨®n intelectual sobre eles como pobo, recolle os t¨®picos do antixuda¨ªsmo da ¨¦poca e culpa aos xudeus dos desastres habidos en Europa e de seren os destrutores das patrias, a familia e a sociedade tradicional. "La sangre jud¨ªa, mezcl¨¢ndose con la de los pueblos con quienes convive, corrompe la pureza de la raza y disminuye sus caracter¨ªsticas y cualidades morales, produciendo la degeneraci¨®n propia del mestizaje". Iso escribiuno en 1944, cando o nazismo persegu¨ªa aos xudeus por toda Europa, algu¨¦n que poder¨ªa pasar mesmamente por un prototipo racial xudeu. E o m¨¢is marabilloso ¨¦ que, con moita probabilidade, el propio descend¨ªa dun xudeu chegado desde Albacete a Castro Caldelas para administrar as propiedades dos duques de Alba. El, que descend¨ªa dun xudeu albacete?o, escrib¨ªa contra xudeus e maragatos, os odiosos intrusos. Risco odiaba todo o que el era.
Cando volta de Berl¨ªn a Galiza, reco?ece na sociedade desa ¨¦poca, onde crec¨ªa a conflitividade social e chegaban as novas correntes sociais, os mesmos signos de crise. Coa chegada da II Rep¨²blica, o galeguismo continuou o seu madurecemento e en 1931 nace o Partido Galeguista (PG). Risco segue a ser unha figura respectada intelectualmente mais xa ten a iniciativa unha nova equipa con vocaci¨®n pol¨ªtica e nidiamente republicana. El ent¨®n remarca a s¨²a ideolox¨ªa e perfila dentro do PG un grup¨²sculo integrista ("Galiza ceibe, enxebre e cat¨®lica"). Cando o PG ve que s¨® conseguir¨¢ un Estatuto de Autonom¨ªa ali¨¢ndose coa esquerda republicana, Risco vaise do partido cun grupi?o, a Dereita Galeguista. En xullo triunfa a sublevaci¨®n militar e, aterrorizado polo asasinato de moitos dos seus compa?eiros galeguistas, Risco d¨¢ outro paso no seu cami?o e desde agosto xa colabora coas novas autoridades; m¨¢is adiante escribir¨¢ artigos na prensa local apoiando aos sublevados. Iso non o explica s¨® o medo, realmente Risco ad¨¢ptase a unha nova ¨¦poca: o novo r¨¦xime, o fascismo espa?ol, era o ant¨ªdoto contra a disgregaci¨®n social, o temido caos. Risco prosegue o seu labor intelectual at¨¦ morrer en 1963. Se antes escribiu antropolox¨ªa e narrativa en galego, segue a escribir agora en castel¨¢n novelas e ensaios. A destacar La puerta de paja, novela enchoupada de integrismo cat¨®lico, ou os ensaios recollidos no libro Orden y Caos. Ex¨¦gesis de los mitos.
Risco nunca mudou realmente, non deixou de ser el propio en ning¨²n momento da s¨²a traxectoria, o seu paso polo galeguismo foi unha fase no cami?o de encontrar o seu lugar no mundo, na vida. Non lle foi doado, pode que non o houbese. Na peza teatral O buf¨®n de El Rei pode que haxa un amargo autorretrato, algu¨¦n de corpo d¨¦bil e mente inquisidora e poderosa.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.