O xogo das cadeiras
Catro mulleres, catro cadeiras, catro palabras. Demasiadas poucas para soster a metade do ceo, para trenzar un espazo com¨²n, para transmitir e cambiar a lingua, para ir de nai a nai pola li?a da vida. As fortes voces das poetas, das narradoras, das lexic¨®grafas, dramaturgas, estudosas da literatura, transformadoras da linguaxe e polo tanto da vida en xeral quedan empequenecidas no absurdo xogo das cadeiras polo cal a Real Academia Galega nos reduce ¨¢ insignificancia.
Dende a fundaci¨®n da Real Academia Galega as mulleres levamos xogando sen cesar a aquel vello xogo infantil das cadeiras. Sempre somos nosoutras as que quedamos sen asento. Corremos m¨¢is ca ningu¨¦n, temos m¨¦ritos, valores, as mans desgastadas de tecer redes, os lombos fartos de cargar con moito m¨¢is ca a metade do ceo cada d¨ªa. E, malia a isto, seguimos quedando sen cadeira.
Resulta indigno mesmo ter que sequera argumentar o inxusto e innobre desta situaci¨®n. Nestas alturas da nosa historia non abondan as cadeiras todas da R¨²a Tabernas para dar acubillo ¨¢s mulleres de tantas xeraci¨®ns que te?en m¨¦ritos m¨¢is que sobrados para ocupar o seu posto. As nosas voces diversas deben de ser escoitadas, as nosas voces transformadoras e cr¨ªticas, al¨® onde a lingua se decide, al¨® onde se debate a s¨²a supervivencia que ¨¦ tam¨¦n nosa. Non queremos ficar m¨¢is exclu¨ªdas da historia, non queremos que as escritoras e estudosas do futuro te?an que buscarnos, como fixemos n¨®s coas nosas devanceiras, entre o cascallo condescendente das palabras dos homes ou nos fondos m¨¢is escuros das bibliotecas. Queremos estar a¨ª porque ¨¦ de xustiza. Porque nosoutras tam¨¦n facemos a lingua, porque nosoutras tam¨¦n a labramos, a tecemos, a enguedellamos ¨¢s vidas do coti¨¢n, ¨¢s vidas do grandioso, ¨¢s vidas propias e alleas. Moitas das nosas mans, ademais, est¨¢n curtidas en traballos pola igualdade moito m¨¢is amplos, en estratexias e alianzas que a Real Academia necesita para chegar ¨¢ sociedade.
Se?ores acad¨¦micos, non queremos seguir xogando ao xogo das cadeiras. ? hora de deixar de agardar. Cadeiras para as mulleres XA.
Alba Nogueira, An Alfaya, Ana Roman¨ª, Ant¨ªa Otero, ?nxela Abalo, ?nxela Graci¨¢n, ?nxeles Cu?a B¨®veda, Aurora Marco, Bego?a Caama?o, Camino Noia, Carme Ad¨¢n Villamar¨ªn, Carme Vidal, Carmen P¨¦rez Pais, Celia Torres, Concepci¨®n Burgo, Concha Varela Orol, Dolores Vilavedra, Encarna Otero Cepeda, Eva Moreda, Felicia Est¨¦vez Salazar, Fina Casalderrei, Helena Gonz¨¢lez, Helena Migu¨¦lez Carballeira, Helena Villar Janeiro, Imma Ant¨®nio Souto, Inma L¨®pez Silva, Iolanda Mu¨ª?os, Iolanda Veloso, Iolanda Z¨²?iga, Isaura Barciela Varela, Laura Caveiro, M? Xes¨²s Nogueira, M? Xos¨¦ Agra, Marga Romero, Mar¨ªa Canosa, Mar¨ªa Reim¨®ndez, Mar¨ªa Y¨¢?ez Anllo, Mariam Mari?o, Mariana Carballal, Marica Campo, Marisa Sobrino, Mercedes Queixas, Nanina Santos, Olga Castro, Olivia Rodr¨ªguez Gonz¨¢lez, Pilar Sampil, Rexina R. Vega, Tareixa Navaza, Ux¨ªa Senlle, Yashmina Shawki, Yolanda Casta?o
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.