Del Riego, rebeld¨ªa contra o malfado
Estou convencido de que a madureza da cultura galega pasa por deixar de recre¨¢rmonos nunha veneraci¨®n acr¨ªtica por persoeiros indiscutibles e superarmos unha excesiva dependencia dos ritos de conmemoraci¨®n. Incluso ¨¢s veces penso que a este pa¨ªs lle vir¨ªa ben un ano s¨¢batico sen efem¨¦rides nin aniversarios, centrados en celebrar as iniciativas innovadoras e os talentos emerxentes. Ben sei, o futuro constr¨²ese sobre a memoria, pero ¨¢s veces corremos o risco de que o fardelo do pasado nos pese de m¨¢is e nos impida avanzar cara ao porvir. O devandito ¨¦ unha excusatio non petita porque vou conmemorar unha figura, precisamente co gallo do seu cabodano. Pero vouno tentar facer como coido que a el lle gustar¨ªa, rememorando a s¨²a traxectoria coa ollada no presente e no ma?¨¢. Os feitos de don Paco non son pasado morto, son lecci¨®ns que nos falan vivamente nestes tempos de tribulaci¨®n e desacougo, advert¨ªndonos que non podemos abandonar a esperanza, pero tampouco abandonarnos a ela.
Trala guerra, convert¨¦rono nun marxinal acosado sen descanso
Teimou en conciliar galeguismo e nacionalismo sen abrir feridas
- Mocidade na Rep¨²blica. Don Paco pertenceu a unha xeraci¨®n que tivo a fortuna de vivir na s¨²a mocidade tempos de entusiasmo e despois sufriu a traxedia de ver afogar ese entusiasmo nunha enxurrada de sangue, suor e b¨¢goas. Nos anos anteriores a 1936, a sociedade galega se espreguizaba dun pesadelo secular, ao tempo que a cultura de noso ga?aba unha nova enerx¨ªa a forza de impulsos modernizadores. A mocidade universitaria ergu¨ªase galvanizada polo advento da Rep¨²blica, mergull¨¢base na axitada vida pol¨ªtica e social da ¨¦poca e fac¨ªase coprotagonista do rexurdir dunha cultura que pugnaba por reinventarse deitando un ollar fresco sobre o pobo e o pa¨ªs.
Del Riego foi l¨ªder daquel movemento universitario que formulou o primeiro programa de galeguizaci¨®n da Universidade: anosamento (con permiso de Cunqueiro) ling¨¹¨ªstico e cultural, anosamento dos saberes universais. O momento estelar da mocidade de don Paco chegou en setembro de 1933, cando pronunciou un c¨¦lebre discurso en nome do estudantado no solemne acto da apertura do curso da Universidade. L¨¦mbrao nas s¨²as memorias: "A nutrida masa escolar adheriuse ao discurso, subli?¨¢ndoo cunha forte e alongada ovaci¨®n. Pediuse que a banda de m¨²sica que comparecera no acto interpretase o himno galego. Core¨¢rono todos os asistentes, postos en p¨¦". Os incidentes coas autoridades universitarias que seguiron ¨¢ s¨²a intervenci¨®n sinal¨¢rono como un l¨ªder subversivo, e de certo, ¨¦rao.
- No franquismo. A guerra e a ditadura coutaron unha carreira universitaria que se albiscaba brillante, mutilaron os so?os acari?ados por Del Riego e os seus compa?eiros, e converteron a este nun marxinal, acosado sen descanso pola polic¨ªa e imposibilitado para desenvolverse profesionalmente. Pero Paco non se resigna e busca as maneiras de resistir: primeiro, coa militancia clandestina, reorganizando o Partido Galeguista e retomando o contacto cos exiliados; despois, cando a represi¨®n inviabiliza esa opci¨®n, promovendo a resistencia cultural, exercida a trav¨¦s da Editorial Galaxia e as iniciativas vencelladas a esta: a Fundaci¨®n Penzol, a revista Grial...
Ser galeguista e antifranquista eran aut¨¦nticas excentricidades duramente penalizadas na d¨¦cada dos cincuenta e dos sesenta. Del Riego, forxado no ambiente democr¨¢tico da Rep¨²blica, personifica o esp¨ªrito de Galaxia: respecto pola pluralidade, apertura de horizontes, visi¨®n de futuro, ¨¢nimo cr¨ªtico pero talante esforzado e construtivo, e sobre todo, finura de esp¨ªrito. Isto perm¨ªtelles non s¨® tecer alianzas con diversos sectores e ir recuperando para o galeguismo persoas atrapadas na rede de fidelidades ao r¨¦xime, sen¨®n retomar o contacto co exilio e a emigraci¨®n, onde se refuxiara unha boa parte da intelixencia, a creatividade e a combatividade galegas. O papel de don Paco foi clave nos dous sentidos.
A comezos dos anos sesenta, coa entrada en escenario de novas xeraci¨®ns criadas xa no franquismo e que en boa parte se iniciaran na cultura galega da man de Galaxia, comeza a abrirse unha fisura que co paso do tempo se converter¨¢ nun cisma que minar¨¢ seriamente a pol¨ªtica e a cultura galegas deica os nosos d¨ªas: o divorcio entre o vello galeguismo, herdeiro da tradici¨®n de ante-guerra, e o novo nacionalismo, de inspiraci¨®n marxista e ¨ªnfulas insurreccionais contaxiadas dos movementos anticolonialistas. Don Paco, militante de primeira hora do Partido Socialista Galego fundado en 1963, tentar¨¢ teimudamente evitar que esa fenda se axigante.
- Democracia e autonom¨ªa. Pero co advento das liberdades e a autonom¨ªa, aquela divisi¨®n non fixo m¨¢is ca aumentar. O groso do novo nacionalismo fixo do antigaleguismo unha bandeira e, tan desprovisto de memoria hist¨®rica como cego de sectarismo, botou a perder a oportunidade ¨²nica que naqueles anos decisivos da transici¨®n e inicio da autonom¨ªa se lle presentou para tornarse unha forza con capacidade real de transformar este pa¨ªs, perda esta que a¨ªnda hoxe estamos pagando nun alto prezo. Os vellos galeguistas apenas tiveron a quen transmitirlle o seu caudal de memoria e experiencia e esforz¨¢ronse a canto puideron en salvar un proxecto de autogoberno que naceu fanado pola falta de apoio tanto dunhas elites acomodaticias e descomprometidas, canto dun nacionalismo que preferiu cultivar a doada ret¨®rica da capela a entregarse ao dif¨ªcil maxisterio do pobo. Don Paco sab¨ªa moi ben que un nacionalismo anti-galeguista era un contrasentido condenado ¨¢ esterilidade e ao fracaso, e que o galeguismo amplo e transversal que deb¨ªa impregnar a sociedade, para ser s¨®lido e eficaz precisaba do alicerce dun movemento nacionalista amplo, diverso e radicalmente democr¨¢tico.
Del Riego teimou na s¨²a actitude de non escaravellar na ferida, no empe?o de cauterizala, pero poucos foron os que o entenderon. Si o fixeron, cada un ¨¢ s¨²a maneira, Camilo Nogueira e Xos¨¦ Manuel Beiras, que houberon de conseguir o que ata agora resultou imposible, a reconciliaci¨®n entre nacionalismo e galeguismo; tarefa en que perseverou, con mellor intenci¨®n ca suceso, Anxo Quintana. O gran momento na ¨²ltima etapa da s¨²a longa vida chegoulle a don Francisco coa presidencia da Real Academia Galega (1997-2001), durante a cal puxo en xogo o seu prestixio, o seu talante e a s¨²a man esquerda para dar cohesi¨®n ¨¢ encristada rep¨²blica das letras galegas, procurando a integraci¨®n. Ensinou a reco?ecer a cadaqu¨¦n na s¨²a val¨ªa, promoveu o respecto mutuo e fomentou o convivio na pluralidade.
Co seu exemplo de lealdade temesi?a ao ideal dunha cultura galega rica e moderna nunha Galicia autogobernada, de resistencia incoercible nos transos m¨¢is dif¨ªciles da nosa historia recente, de xenerosidade, bonhom¨ªa e amplitude de miras, Del Riego d¨¦ixanos un legado especialmente valioso para afrontarmos a dura singradura que temos por diante. Aos que pretenden tronzar o f¨ªo da historia que el axudou a escribir, aos que se empe?an en desmentirnos invocando un pragmatismo c¨ªnico e suicida, retruc¨¢moslles coa voz de Rosal¨ªa, que adivi?ou a derradeira lecci¨®n de don Paco:
Non importa se os so?os son mentira,
xa que ao cabo, ¨¦ verd¨¢
que ¨¦ venturoso o que so?ando morre
infeliz o que vive sen so?ar.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.