O segredo de Isaac
D¨ªaz Pardo era un home sorprendido de estar vivo - Ti?a unha misi¨®n, levar prendida a estrela e manter unha ponte cos inmolados e co exilio
A pregunta era: "Como est¨¢s, Isaac?".
E a resposta, sempre: "Estou vivo!".
Si, era un home sorprendido de estar vivo.
Isaac D¨ªaz Pardo pertenc¨ªa ao vis¨ªbel e ao invis¨ªbel. Nunca encontrei tanta xente incr¨¦dula nun enterro, como o do dia 7 de xaneiro de 2012, en Boisaca. Non incr¨¦dula ante a morte, sen¨®n ante a idea mesma de que o morto fose el, Isaac.
? o que te?en os superviventes. O corpo vaise afacendo a esa condici¨®n de estar e non estar a un tempo. As¨ª era Isaac. Un omnipresente casual. Un c¨¦lebre desco?ecido. Cando alg¨²ns falan do "home polifac¨¦tico", para sa¨ªr do paso, o que queren dicir ¨¦ "polidesco?ecido". Al¨ª onde estiver, empurrado ao primeiro plano ou agochado, ¨¢ fin, as ¨®rbitas todas ¨ªan pousar na ollada inconfund¨ªbel do supervivente. Far¨ªa falta un n¨²mero indefinido de biograf¨ªas para unha vida que foi un compendio de moitas existencias. Entre os seus dese?os e patentes industriais para cer¨¢mica sobresaen "as m¨¢quinas exc¨¦ntricas". Non me estra?a. Dende moi novo era un experto ¨¢ forza en achar soluci¨®ns a xiros imprevistos. Toda a vida a zafar do acoso dunha historia de ru¨ªdo e furia, subtra¨ªda polos necios.
Nos corenta decide deixar "a pintura de cabalete" nun intre triunfal
Un xerifalte p¨ªdelle que decore o Valle de los Ca¨ªdos. Fuxiu a Galicia
? volta de Madrid, fai un dos cadros m¨¢is fermosos, coa s¨²a familia
A principal inquedanza do D¨ªaz Bali?o preso en 1936 ¨¦ o seu fillo
A intelixencia farao pesimista. Pero matizaba: "Son un pesimista activo"
Sargadelos foi dende o seu arrinque un modelo e un h¨¢bitat
Antes de seguir, vexan un exemplo non moi co?ecido de como se pu?a en marcha no max¨ªn do supervivente a m¨¢quina exc¨¦ntrica ante un xiro imprevisto. Por que Isaac abandona a pintura? Non ¨¦ a decisi¨®n dun artista fracasado ou incomprendido. Pola contra, decide deixar "a pintura de cabalete" nun intre triunfal, cando xa est¨¢ a ser upado como novo xenio da pintura espa?ola, e escriben loanzas del Eugenio D'Ors ou Camilo Jos¨¦ Cela. Nos anos corenta, en Madrid, era o retratista m¨¢is demandado pola burgues¨ªa e outra xente principal. Ga?a cartos, naquel tempo de pan negro para moitos. En Barcelona foi acollido con moito interese, mesmo lle ofreceron un posto de profesor na escola superior de Belas Artes de Sant Jordi. A exposici¨®n de 1944 na Coru?a ¨¦ un acontecemento art¨ªstico e mesmo fanlle unha homenaxe no Concello. En Londres, en 1946, qu¨ªtanlle os cadros das mans. Vende toda a obra exposta.
Que ocorre de extraordinario para que Isaac, con 27 anos, desapareza dos c¨ªrculos art¨ªsticos, renuncie a un brillant¨ªsimo porvir e procure, na pr¨¢ctica, ser invis¨ªbel?
El refer¨ªase a aquela ¨¦poca con desprezo: "O tempo en que eu era vendedor de cadros". Falaba tam¨¦n de fatiga, de canseira. De certo, traballou moito. A obra ¨¦ dunha calidade que hoxe abraia, que brinca por riba do tempo. Xa en Bos Aires, en 1956, publica un ¨¢lbum de debuxos, de magn¨ªfica factura e moi pouco co?ecido, co t¨ªtulo Xente do seu rueiro, polo que desfilan personaxes dos arredores do Castro de Sada. A¨ª figura un texto decisivo, Meu cabalete, que ten o xeito ¨¢ vez de confesi¨®n e manifesto.
"Os homes podentes", escribe Isaac, "cham¨¢banme pra pintar as s¨²as facianas nos lenzos, brilante na man prantada sobor do brazo da cadeira, a cravata de seda natural sobor da camisa de puro f¨ªo, as donas burguesas en traxe de festa con fondo de estanza pazal, e, co sinceiro ser dos que desexan agacharse detr¨¢s de traxes e caretas, meus cadros ti?an tam¨¦n de ser testigos e ritrataban o que ollaban... Os ricos eran as¨ª i-eu era unha c¨¢mara escura que pintaba por catro cartos o me mandaban ".
O seu di¨¢logo co cabalete ¨¦ unha conversa sen rebozo coa conciencia. Non abondan estas sinceridades na historia da arte ou da literatura: "Mais a mi?a i-alma adoec¨ªa na mi?a propia ruindade porque outra vida quedaba na mi?a terra, que era a que me correspond¨ªa, e chegaba a min non sei por onde atordo¨¢ndome, coma un r¨ªo chimpado, e cansei dos ricos cos seus traxes e alfaias, do canto de r¨¢ das s¨²as gabelas e da s¨²a ben gobernada xordeira; e chegueime a cansar at¨¦ do xenio requintado dos homes se non resolv¨ªa o meu problema. Pensei que sobexa pintar para pintar aquilo e cambiei de profesi¨®n para deixarte ceibe". Deixar ceibe o cabalete! ? unha boa consigna. "Deixade ceibe o meu libro!", clamaba Vasili Grossman para que os bur¨®cratas permitisen a publicaci¨®n de Vida e destino.
Mais un enigma adoita envolver un segredo. O Isaac triunfante como pintor de c¨¢mara da xente rica est¨¢ a cismar dramaticamente, a remoer estrugas durante anos. Que pasa en concreto para que xurda o home revoltado, o que diga que non? En 1944 casa con Carmen Arias, Mimina, l¨¦vaa a vivir a Madrid e al¨ª nace, en 1946, o primeiro fillo, Camilo. Unha familia feliz, que vive con certo confort naquel tempo de posguerra e penuria. Nestas circunstancias, Isaac ¨¦ convocado un d¨ªa de 1947 por Fernando ?lvarez de Sotomayor, que dirix¨ªa o Museo do Prado dende 1939. E o que lle pide o xerifalte ao mozo pintor ¨¦ que participe na decoraci¨®n mural de Cuelgamuros, o que vai ser Valle de los Ca¨ªdos, o gran monumento b¨¦lico para gloria do franquismo.
"Aquilo colma o vaso", conta Xos¨¦ Diaz, o m¨¢is novo dos fillos de Isaac. "Como ¨ªa acceder a semellante proposta o fillo dun asasinado polo fascismo! Non o pensa nin un minuto e foxe a Galicia, onde toma a decisi¨®n de dedicarse ¨¢ industria cer¨¢mica". Hai un cadro feito pouco despois, no Castro, un dos m¨¢is fermosos ¨®leos, D¨ªaz Pardo coa s¨²a familia, que semella tam¨¦n un manifesto. Orfo, n¨¢ufrago nunha historia dram¨¢tica, o pintor aparece abrazado ¨¢ s¨²a muller e aos tres meni?os da prole se apoian entre eles. Poder¨ªa ser, ¨¦o, o retrato dunha familia proletaria. Isaac liscou de Madrid, f¨ªxose invis¨ªbel, meteuse nun pequeno obradoiro no Castro, onde Mimina lle leva todos os d¨ªas a comida nunha pota cor de tella. Para que non o amolasen con encargos indesex¨¢beis, anunciou que renunciaba ¨¢ pintura. O invis¨ªbel, por un intre, faise vis¨ªbel no lenzo. Con camisa branca. Abraza a muller, e mira de fronte con aqueles ollos lanterna. Non hai m¨¢is. Ning¨²n obxecto, ningunha posesi¨®n. Cinco corpos, un grupo humano a xeito de estrela. Un cadro que ¨¦ unha mensaxe: "Olla, estou vivo!". O conxunto emite luz, irmandade, liberdade.
Cando est¨¢ preso no c¨¢rcere de Santiago, despois do golpe de 1936, a principal inquedanza de Camilo D¨ªaz Bali?o ¨¦ a sorte do fillo. Do adolescente Isaac. Aqueles d¨ªas de confusi¨®n e incerteza, Camilo retrata a lapis os seus compa?eiros de prisi¨®n. E escribe algunhas notas para a familia. Entre elas, un poema que semella un ex conxuro protector, un canto de berce para unha re-existencia: "Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreli?a / forxada na irmand¨¢ / e quero ver brillar ¨¢ l¨²s d'esa estreli?a / hastra chegar cegar. / Que vexan os demais n'esa estreli?a / a lus da Libert¨¢. / Que vexan que o tesouro m¨¢is querido / o ten o seu brilar. / Estreli?a feituca de cari?os, / estrela do meu lar, / que sempre te levei como reliquia / de Terra, Dios e Nai, / xa te deixo prendida no meu fillo/ pra sempre endexamais".
Vis¨ªbel ou invis¨ªbel, o supervivente ten unha misi¨®n. Mesmo cando, vello como un rei Lear, ¨¦ despoxado da s¨²a gran creaci¨®n, a de Sargadelos, hai algo que o prende, que o mant¨¦n erguido. Que o preserva da caricatura do apocal¨ªptico profesional. A intelixencia farao pesimista. Pero matizaba: "Son un pesimista activo". Hiperactivo. E o humor cr¨ªtico, retranqueiro, af¨¢stao de fetichismos como a Globalizaci¨®n ou o Internet. Cando algu¨¦n lle falaba das avantaxes das novas tecnolox¨ªas para denunciar as persecuci¨®ns dos pobos, por exemplo dos ind¨ªxenas, el respond¨ªa: "Iso fanllo crer, pero non vai ser dese xeito. Ademais as¨ª te?en os indios entretidos co Internet". Mais logo el sab¨ªa tirar proveito de calquera ferramenta. A proba do humor cr¨ªtico serv¨ªalle para manter a raia as vellas e novas superstici¨®ns. Para defenderse do lastre dos dogmas e das ideas estupefacientes, defin¨ªase cun aparente ox¨ªmoron: "Son un conservador libertario". O que iso significaba? Conservador no sentido de conservacionista, de adiantado na visi¨®n ecol¨®xica. En todos os seus proxectos est¨¢ presente a idea de aforro enerx¨¦tico. Anox¨¢bao en especial o desbalde, o desleixo. Falaba con paix¨®n dos lindes do universo, do finito e do infinito, das leis da f¨ªsica, ao tempo que debuxaba un cartel pedag¨®xico sobre o mellor xeito de manexar unha vasoira. Para el era moi importante a maneira en que unha persoa se relacionaba co medio e cos demais. Tam¨¦n, si, o xeito en que agarraba unha vasoira: "A cuesti¨®n ¨¦ como podemos ser xustos sen deixar de ser eficaces".
Sargadelos foi dende o seu arrinque un modelo e un h¨¢bitat. Como f¨¢brica e como centro de irradiaci¨®n cultural. Vexamos como o lembraba Isaac con chispa no libro Arte/Industria: "Lo que pasa es que ten¨ªamos muchas dificultades con las autoridades porque hab¨ªa que pedir permiso para todas las cosas; era complicado y estabamos vigilados, porque ven¨ªan m¨¢s polic¨ªas que asistentes, lo que pasa es que como tambi¨¦n se daba un poco de empanada y algo de beber, pues com¨ªan y nos llev¨¢bamos bien, la cosas hab¨ªa que llevarla as¨ª". Vela¨ª. El non era nada ¨¦tnico no comer, abond¨¢balle cunha maz¨¢ e un caf¨¦, mais sab¨ªa como utilizar unha empanada. Sargadelos foi, sen esaxerar, durante d¨¦cadas, a m¨¢is completa factor¨ªa cultural de Espa?a.
Os seminarios do ver¨¢n acoll¨ªan en especial exiliados doutros pa¨ªses, fosen de Occidente ou do Leste. Sempre hab¨ªa un sitio para o perseguido. Foi tam¨¦n a sede dos primeiros encontros en Espa?a sobre medio ambiente e as alternativas ao consumismo e ao capitalismo salvaxe. O m¨¢is inesquec¨ªbel, o que dirixiu Jos¨¦ Mart¨ªnez, fundador de Ruedo Ib¨¦rico en Par¨ªs, a empresa editorial m¨¢is importante do exilio, que puxo dos nervios durante d¨¦cadas ao franquismo. Este editor e pensador de cerna anarquista foi decisivo na permanente revoluci¨®n que era o max¨ªn de Isaac. Como decisivo fora o reencontro con Lu¨ªs Seoane e as factor¨ªas do exilio galego en Arxentina. ? m¨¢is co?ecida e notoria a influencia de Lu¨ªs Seoane, e m¨¢is secreta a de Jos¨¦ Mart¨ªnez. Os dous foron dalg¨²n xeito alter egos de Isaac. Fixeron pos¨ªbel o Galicia hoy, en 1964, a obra m¨¢is importante da clandestinidade antifascista galega. Explican esa naturalidade con que entrelazaba o galeguismo e o internacionalismo. Un cosmopolitismo solidario, sen medo a nomear as falcatruadas imperialistas, o espolio das multinacionais e a sombra do Petr¨®leo en todas as guerras.
Isaac era un experto en escaleiras. Admiraba a de Andrade en Bonaval. Mais el tam¨¦n dese?ou algunhas extraordinarias. Como a que leva ao ceo en San Marcos. El mesmo era unha escaleira, no que os chanzos eran o Renacemento, as Luces da Ilustraci¨®n, as vangardas, en especial o Construtivismo... E a estrela galeguista que lle prendeu o pai, por medio dun poema, a mellor das herdanzas, antes de que o asasinasen nunha gabia, en Saa, perto de Palas de Rei.
Uns d¨ªas antes, cando o obradoiro do pai era un h¨¢bitat de esperanza republicana, Isaac puido asinar a s¨²a primeira obra. Un cartel para o plebiscito do Estatuto de Autonom¨ªa de Galicia. Era unha estrela. O pai d¨ªxolle: "Esta podes asinala".
Foi a primeira vez que se fixo ben vis¨ªbel.
Logo, para salvar a vida, no xenocidio do 36, f¨ªxose invis¨ªbel.
E as¨ª foi a s¨²a vida.
Nacera en 1920, ¨ªa para os 92 anos, a s¨²a aparencia era fr¨¢xil, un corpo minguante, coa enerx¨ªa dunha d¨ªnamo que se alimentaba do propio andar. O seu corpo lizgairo, urdido todo el por neuronas. Non hab¨ªa escisi¨®n na s¨²a mente entre arte e ciencia. Ti?a de andar. Ti?a unha misi¨®n. Levar prendida a estrela. Manter a memoria dos inmolados e do exilio para que o pa¨ªs fose f¨¦rtil, xerminal, e non un ermo de amnesia retr¨®grada. Patrimonio imprescind¨ªbel da historia de Galicia, de Espa?a e da humanidade son os libros Documentos pra a historia contempor¨¢nea de Galiza, en Edici¨®s do Castro, e os volumes da Biblioteca do Exilio. No medio da deconstruci¨®n que vivimos, do derrube do espazo p¨²blico e solidario, el non dobrou nunca. Segu¨ªa a debuxar escaleiras. Evitaba as frases rotundas, mais non hai moito o¨ªnlle dicir con convencemento, verbo do finito e o infinito: "O que somos? Somos un so?o. Nin m¨¢is, nin menos".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.