De quen ¨¦ a lingua galega?
Disque o 17 de maio hab¨ªa nacionalistas, ecoloxistas e mesmo alg¨²n otorrinolaring¨®logo
O galego non ¨¦ patrimonio de ningu¨¦n. Esta ¨¦ unha das frases estrela, das que alumea en neon, no discurso pol¨ªtico dos que hoxe gobernan na maior¨ªa de instituci¨®ns galegas.
?Eu gusto tanto como o se?or presidente desa declaraci¨®n anarquista, non posesiva, verbo da lingua. No fondo, somos dous libertarios, o presidente e mais eu.
A lingua galega non pertence a ningu¨¦n, se?ores! Un patrimonio sen cancelas, sen dono. Vai vad¨ªa polos cami?os da terra, do mare, do mundo. O idioma galego ¨¦ como o campo da festa, como as praias, como a auga dos r¨ªos, como o autob¨²s do Inserso, como o canto da cotov¨ªa. Como o vento que abanea o herbal. Como a luz do faro.
Como o d¨ªa e a noite.
¡ªDe quen ¨¦ a lingua galega?
¡ªDe ningu¨¦n! ¡ªresponde moi aleuto o voceiro de garda.
E engade moi rufo: ¡°Ningu¨¦n, ningu¨¦n!, pode apropiarse do galego¡±.
Eu gusto, si. Mais logo te?o un custodio contraditorio, anxo ou demouchi?o, non sei, que me importuna na orella: ¡°Pois se non ¨¦ patrimonio de ningu¨¦n, o perigo ¨¦ que ningu¨¦n se ocupe del. Olla as beirarr¨²as cheas de lixo, as praias con construci¨®ns ilegais, as caixas de aforros espoliadas... ?E non ser¨¢ iso porque alg¨²ns pensen que a non ser propiedade privada pois non merece ning¨²n respecto?¡±.
¡ªHome, non pretender¨¢ privatizar a lingua!
Pois hai alg¨²ns ultraliberais, como Murray Rothbard, profesor da universidade de Las Vegas, que mesmo defenden a privatizaci¨®n do aire que respiramos. A s¨²a l¨®xica semella esmagadora. Para exercer un dereito hai que ter a propiedade correspondente. Por exemplo, para exercer o dereito ¨¢ libre expresi¨®n p¨²blica debes ser propietario, ou pagar o aluguer, dunha sala onde falar. Pois as¨ª, se deixaramos a Murray Rothbard, disc¨ªpulo de Hayek, a pol¨ªtica de normalizaci¨®n do galego, o que far¨ªa ¨¦ vendelo, adxudicalo nunha poxa. E se cadra esta lingua vale moito m¨¢is do que alg¨²ns pensan. Nesta abellariza enxamearon as palabras que andan en bocas portuguesas, brasileiras, angolanas, timorenses... O Goberno deber¨ªa falar co seu deputado Pedro Arias e que faga un Informe de rendibilidade neogaleguista.
Imaxinen a noticia: ¡°Vendido o galego nunha poxa na Christie¡¯s de Londres. O idioma foi adxudicado a unha empresa chinesa. S¨® cos palabras que compo?en Negra Sombra agardan recadar o actual 2% do actual PIB de Galicia¡±.
Non, o galego non est¨¢ en poxa, mais semella ¨¢s veces, moitas, que segue a ser tratado como unha mercador¨ªa de segunda man. Dende logo, polas administraci¨®ns. Un exemplo. ? impos¨ªbel encontrar en Facenda en galego moitos dos impresos fiscais, malia existir a demanda. Nin sequera podes gozar dese masoquismo de declarar trabucos en galego! Vense de co?ecer outro dato: o que recibe da Xunta cada ano a fundaci¨®n Cela ¨¦ 44 veces superior a todo o apoio para o labor, inxente, da Asociaci¨®n de Escritores en Lingua Galega. Mais tam¨¦n hai xente que privatiza a lingua non como unha propiedade sen¨®n como un problema. Esa xente que profesa nos foros ou que se pon a predicar na radio ou no medio do bar cunha pregunta por bandeira: ¡°Pero, para que serve o galego?¡±. Hai mesmo un personaxe ben curioso, que adoita ser dos primeiros en espetar esta pregunta, e ¨¦ o tipo que s¨® fala galego e un p¨¦simo castel¨¢n: ¡°Pero, para que carallo serve o galego?¡±. Que unha pregunta as¨ª a faga unha persoa que leva boa parte da vida val¨¦ndose desa lingua ¨¦che un misterio do Pentecoste. Home, ao mellor ¨¦ un infeliz e b¨®talle a culpa ¨¢ lingua. Mais as linguas son xenerosas. Queren a calquera boca. O ¨²nico que ten que facer a boca ¨¦ chamar por unha palabra, por unha frase, por unha taco, por unha canci¨®n, e al¨® van, contentes ¨¢ boca, como dic¨ªa o Don Quixote: ¡°Este libro ¨¦ feliz pois vai buscarvos¡±.
As¨ª que na vez de teimar no retrouso de que o galego ¡°non ¨¦ patrimonio de ningu¨¦n¡±, mellor ser¨ªa dicir que ¨¦ patrimonio da xente toda. De quen o emprega e de quen non. De quen o respecta, a¨ªnda que non o fale, e de que non respecta, a¨ªnda que o fale. A xente pode ter prexu¨ªzos. A lingua, non. Est¨¢ a¨ª, por se algu¨¦n a quere, e brinca aos labios nun santiam¨¦n, sen preguntar de que idea ou partido ¨¦ a boca que se abre.
Mais c¨®mpre lembrar que se o idioma est¨¢ a¨ª ¨¦ porque hai bocas que terman del. Os patrimonios, p¨²blicos ou privados, esmorecen e ext¨ªnguense se non hai quen te?a conta deles. E o galego non s¨® ¨¦ un patrimonio da xente galega. A s¨²a custodia ¨¦ unha obriga que se ten coa humanidade.
O 17 de maio, en convocatoria de Queremos Galego, en Santiago, sa¨ªron ¨¢ r¨²a miles de persoas. Encheron a Quintana. D¨¢se a cifra de vinte e cinco mil. En todo caso, moita xente. Neste tempo, e en d¨ªa festivo soleado, a¨ªnda que sexa festa das Letras, xuntar tantas almas e moito xuntar. ? a expresi¨®n dun desacougo fondo. Nin un s¨® partido, nin unha asociaci¨®n nin sindicato ¨¦ quen hoxe dunha mobilizaci¨®n as¨ª se non hai sentimento forte detr¨¢s.
Un sentimento de perda. Porque non s¨® perturban as perdas econ¨®micas, o d¨¦ficit nas contas, os buracos nas finanzas. Se non somos quen de querer a lingua que aqu¨ª naceu, como imos soster o que as palabras nomean?
O Goberno s¨® se preocupou de sinalar co dedo a afiliaci¨®n dos denunciantes e ignorar unha vez m¨¢is a denuncia. Disque hab¨ªa nacionalistas, ecoloxistas, vexetarianos e mesmo alg¨²n otorrinolaring¨®logo.
¡ªE que a lingua non ¨¦ patrimonio de ningu¨¦n!
Non. De se?or ningu¨¦n ¨¦ s¨® o silencio.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.