A naci¨®n 'tabern¨ªcola'
Un pa¨ªs que sabe cambiar as rodas con tanta habelencia, pois algo ten ga?ado, digo eu
Cada d¨ªa levamos unha malleira de malas noticias. Vivimos mergullados nun relato apocal¨ªptico, no que a ¨²nica alternativa por agora semella ser apoucal¨ªptico. Sermos apocal¨ªpticos, si, pero tranquilamente.
¡ªTi sempre fuches un revisionista, un moina moderado¡ª, dime un amigo que xa non est¨¢ para eufemismos. Ou es apocal¨ªptico ou non es apocal¨ªptico. Hai que ser consecuentes. Hai que mollarse!
E al¨® vou, claro. Se hai que mollarse, moll¨¢monos, a¨ªnda que a min, a verdade, esa consigna meteorol¨®xica de ¡°hai que mollarse!¡± nunca me entusiasmou. P¨¢saste a vida mollado, queiras ou non, de poza en poza dende a infancia, enchoupado, amofado, e logo, cando identificas a esperanza co estrelampo, co quenti?o, v¨¦n un da fura de diante e diche: ¡°Hai que mollarse, Manolo!¡±. Home, si, que remedio. Por molla que non quede. En Galicia, o revolucionario deber¨ªa ser: ¡°Hai que secarse!¡±.
Por iso os galegos somos tabern¨ªcolas. Porque hai que secar de vez en cando. Ter un furancho onde librarse da malleira e da molleira. A aut¨¦ntica taberna, iso que identificas nada m¨¢is entrar, ¨¦ un espazo igualitario. De liberdade. O lugar apoucal¨ªptico, onde ti tes raz¨®n e ao outro tampouco lle falta. E onde se respecta. A taberna ¨¦ un dos lugares onde m¨¢is respecto hai. ?s veces, pode haber un corpo a corpo, como no rugby, pero sen violensia. Digo adrede violensia porque o seseo non ¨¦ s¨® un asunto fonol¨®xico. Ten tam¨¦n moita semi¨®tica, moito sentido. Non ¨¦ o mesmo a violencia que a violensia. A violencia ¨¦ moito m¨¢is violenta que a violensia.
Ao caso. Somos tabern¨ªcolas porque a taberna ¨¦ un lugar de ex conxuro. Un espazo de informaci¨®n alternativa. ? dicir, non ocupado pola intimidaci¨®n, non contaminado pola produci¨®n masiva do gafar. Na taberna dise a verdade, ¨¦ un lugar sincero, mais non ¨¦ para gafar a vida. ? para darlle un respiro. No medio de tanto ru¨ªdo, de tanta cifra esmagadora, de tanta estat¨ªstica absurda, na taberna transm¨ªtense informaci¨®ns b¨¢sicas, non valoradas como ¨¦ debido nos grandes medios de comunicaci¨®n convencionais.
A ¨²ltima vez que fun testemu?a desta condici¨®n socr¨¢tica da taberna foi na de Carmelo, en Castro de Elvi?a. Falabamos do que est¨¢ a pasar, mais met¨¦ndolle un chisco de iron¨ªa como o que sempre ti?an as nosas novelas do Oeste preferidas, as de Silver Kane. E foi algu¨¦n comentou un dato que o resto desco?ec¨ªamos. Resulta que se v¨¦n de facer unha enquisa sobre a relaci¨®n da xente cos autom¨®biles, os saberes de mec¨¢nica, e nela sa¨ªu que as persoas que conducen en Galicia son expertas no cambio de rodas. ? dicir, os condutores que son quen de cambiar as rodas en Galicia chegan ao 80% e est¨¢n por moi riba da media espa?ola.
Ao primeiro, rimos. Mais logo ficamos moi pensativos. Cando case todo vai mal, estas cousas algo queren dicir.
Un pa¨ªs que sabe cambiar as rodas con tanta habelencia, pois algo ten ga?ado, digo eu. Ao mellor iso ¨¦ unha mensaxe da providencia. A min xa me pareceu escoitar unha voz do al¨¦n que di como lada¨ª?a: ¡°Cambiade as rodas! Cambiade as rodas!¡±.
Despois, meditando, chegamos ao grego Estrab¨®n, o primeiro xe¨®grafo que describiu esta terra e as xentes que a poboaban. Chegamos a¨ª non porque estivera perto a universidade, sen¨®n por estarmos en Castro e na taberna socr¨¢tica de Carmelo. Onde ¨ªa parar, se non, o Estrab¨®n? E o que di Estrab¨®n (Xeograf¨ªa, 3, 3, 7) ¨¦ dabondo significativo. Por exemplo: ¡°A xente senta en bancos de pedra facendo c¨ªrculo... A comida s¨¦rvese en xiro... No tempo da bebida, bailase en roda...¡±.
Cando a informaci¨®n ¨¦ boa, sempre imos parar aos cl¨¢sicos. Sempre houbo esa querenza polo c¨ªrculo comunal, de iguais, fronte ao cadrado imperial, xer¨¢rquico. Sempre houbo esa habelencia para cambiar as rodas a tempo.
Somos un pa¨ªs de poetas, contos, m¨²sicas e tabernas. E iso que dic¨ªan que ¨ªa morrer, poetas, contos, m¨²sicas populares e tabernas, de s¨²peto ten o valor das trabes que terman do ceo. En com¨²n te?en non s¨® o defendernos da malleira e da molleira, sen¨®n subministrarnos unha informaci¨®n, un xeito de ver, que nos protexe fronte a maquinaria inhumana e esmagadora do pensamento ¨²nico. Carafio, e logo dic¨ªan que non exist¨ªa o demo este chamado ?nico, e que fora un invento de dous galegos parisinos, Ram¨®n Chao e Ignacio Ramonet!
De poetas, do seu papel hist¨®rico, fala moito Santiago Lamas na s¨²a ¨²ltima obra, Fisterras atl¨¢nticas (Editorial Galaxia). Como a s¨²a Galicia borrosa (2004), este ¨¦ un texto que non ten perda. Hai tanta sutileza no tecer este t¨¦xtil que a relaci¨®n que estabelecemos con el ¨¦ semellante ao dunha ficci¨®n que engaiola. ? un andar que activa a un tempo e conecta os hemisferios do pensamento e da imaxinaci¨®n, mais non para confundir nunha viaxe exot¨¦rica, sen¨®n para esclarecer mediante o paradoxo, a iron¨ªa, a desmitificaci¨®n... A verdade ¨¦ que hai poucas lecturas m¨¢is entretidas que un ensaio intelixente.
As¨ª como as queixeiras dan un biscallo de queixo a probar, vexan un anaco: ¡°Un c¨ªnico oficial brit¨¢nico, se cadra lector de Cervantes, sab¨ªa o que dic¨ªa cando despois da sublevaci¨®n irlandesa da Pascua de 1916 dixo: ¡®Os irlandeses ti?an que nos estar agradecidos xa que con moi poucas baixas entre a poboaci¨®n civil logramos eliminar alg¨²ns poetas de terceira categor¨ªa¡¯. O problema era que estaba en Irlanda e hab¨ªa moitos m¨¢is poetas do que pensaba o c¨ªnico oficial brit¨¢nico¡±.
Non menospreces nunca a un pa¨ªs con moitos poetas.
Trata Lamas noutro anaco maxistral de George Borrow e o seu paso por Gal¨¦s. E do paso por Fisterra deste tipo xenial, tan amante da liberdade como da Biblia, tradutor a 35 linguas, entre elas o cal¨®, f¨¢lanos tam¨¦n Roberto Traba Velay en Cr¨®nicas de Fisterra: contos dun tabern¨ªcola (edici¨®n de T¨¦cnicas Gramaxe). Son dous libros ben diferentes, o de Lamas e o de Traba, fun feliz como nun tempo de cereixas. E coa m¨²sica de fondo de ACadaCanto, esa marabilla de Guadi Galego, Xabier Diaz, Guillerme Fern¨¢ndez e Xos¨¦ Lois Romero. Todo o que conta Traba ¨¦ verdade, hist¨®rico, mais todo semella un conto, unha viaxe ao reverso imaxinario de Fisterra. C¨®mpre dicir que Traba ¨¦ tan tabern¨ªcola que ten unha taberna: A Galer¨ªa. El def¨ªnea como ¡°taberna polivalente¡±.
E como aqu¨ª se falou de cambiar as rodas, unha das historias de xente com¨²n extraordinaria que revela o libro de Roberto Traba ¨¦ a de Celia Rivas Casais, a primeira muller de Espa?a que tivo carn¨¦ de condutora para autobuses e cami¨®ns. Unha fisterr¨¢ filla do se?or Xaqu¨ªn, que se fixera mec¨¢nico no tempo de emigrante en Estados Unidos. O primeiro cami¨®n que conduciu Celia, o 25 de abril de 1932, foi un Chevrolet de catro toneladas e transportaba peixe a Coru?a e Vigo. Tanto foi o ¨¦xito do transporte que mercou un autob¨²s Ford, de 50 asentos. Estaba tan leda que o pintou de cores, de rosa e de verde. Aos 15 d¨ªas estalou a guerra e o autob¨²s foi incautado.
?s veces, a historia ¨¦ as¨ª, cabrona, imprevis¨ªbel, e ficamos sen rodas.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.