As ¨²ltimas mesturas
Novos traballos de Nouvelle Cuisine, Sebastopol, Galegoz, Rosa Cedr¨®n, Malvela ou Os Trashnos de Moscoso
Os coru?eses Nouvelle Cuisine xa foran grupo revelaci¨®n do Contempopr¨¢nea 2006 coa s¨²a maqueta La merienda, a mellor entre 700. Ningunha discogr¨¢fica lles fixo caso, as¨ª que Autodictado v¨¦n de facerse disco (autoeditado), pero p¨®dese descargar de balde desde A Regueifa.
Os extras pens¨¢ronos ¨¢ parte. "Baixar os 12 temas ¨¦ gratis, pero pensamos na xente que decidise ter o CD e revalorizamos o obxecto", di Carlos Lens, un dos seus membros. Fix¨¦rono pintando cadros cun esprai e divid¨ªndoos en 24 unidades. "Cada un vai numerado, as¨ª que o dono dun CD ter¨¢ unha peza ¨²nica e irrepetible". Xa van 400 descargas e case 100 ced¨¦s.
Tam¨¦n se pode descargar desde o seu myspace a nova maqueta dos compostel¨¢ns Sebastopol, La canci¨®n de Sebastian-Paul, con seis temas novos. O d¨ªa 14, Nouvelle e Sebastopol tocan xuntos na sala Karma de Pontevedra. Como o mapa das influenzas pop est¨¢ cheo de recorrencias, poder¨ªase distinguir a Nouvelle pola s¨²a mestura de chanson, bossanova, rock americano e pop elegante. Ahmed, o cantante de Sebastopol, nomea ao sa¨ªr do seu traballo de auditor a Joy Division, Galaxy 500 "e o primeiro Chinarro, por citar algo". Falando doutras cousas, Ahmed conf¨®rmase con seguir vivindo da m¨²sica "emocionalmente".
Outra nova para mediados de abril ¨¦ o segundo disco de Galegoz, Revolution Dance (Aldea Music). Na x¨¦nese, Marcos Payno abandonou A Matraca Perversa e o que ¨ªa ser un musical para unha obra teatral, en colaboraci¨®n con Den¨ªs Mutante, converteuse na r¨¦plica galega de Gorillaz, a banda virtual que pariron Damon Albarn e Jamie Hewlett para divertirse. "Para este disco xa alugamos cacharros bos", di Payno. A mellor factura das bases electr¨®nicas non lles impide mesturar reggae, funk e m¨²sica disco. "Un pouco de todo", segundo o cantante. "Incluso algo de onda balc¨¢nica con bases. Para electr¨®nica pura xa temos Le Glamour Grotesque [o seu proxecto paralelo]". Entre os colaboradores deste Revolution dance, xente de Violadores del Verso e a Compa?¨ªa do Ru¨ªdo de Ribeira.
Unha banda que se distingue, no seu caso "do hip hop que se fai aqu¨ª", segundo o mc Alberto Freaza, son Os Trashnos de Moscoso. Ve?en de colgar na s¨²a web Denominaci¨®n de Orixe: Rap do pa¨ªs, a s¨²a primeira maqueta, tam¨¦n dispo?ible na Regueifa. "O noso produtor domina a electr¨®nica, e penso que iso nos diferencia un pouco", di Freaza. D¨¦ixanse ensarillar na cuesti¨®n do x¨¦nero, pero escoitan "desde Matt Elliott a Sepultura".
Nun galego m¨¢is tradicional, PAI Music conta sacar contra o 20 de abril Da mi?a xanela ¨¢ t¨²a, o terceiro disco de Malvela. Catorce cantareiras de entre 50 e 81 anos e seis m¨²sicos profesionais facturando canci¨®ns, segundo Ana Senlle (direcci¨®n vocal e pandeireta), "de ra¨ªz galega adaptada aos tempos". O disco da se?ora Carme de Mos, a m¨¢is veterana de todas, ser¨¢ o seguinte.
No roteiro folk haber¨ªa que lembrar que o primeiro disco de Rosa Cedr¨®n, Entre dous mares (Warner Music), est¨¢ nas tendas desde finais de marzo. As decisi¨®ns da portada d¨¦bense en boa parte ¨¢s compa?¨ªas, e a que fora cantante de Luar na Lubre xa sinalou que non considera que sobreproducisen o seu deb¨². Tam¨¦n en boa compa?¨ªa, o gaiteiro Anxo Lorenzo ¨¦ ma?¨¢ o invitado galego en Villaviciosa, no festival Maestros Gaiteros nel Siglu XXI. Al¨ª compartir¨¢ escenario con Patrick Molard, Fred Morrison, Jarlath Henderson e o asturiano Jos¨¦ Manuel Tejedor. Lorenzo di estar "encantado". Agora est¨¢ gravando o seu primeiro disco en solitario, malia manter a banda Sp¨ªritu 986. Kathryn Tickell ser¨¢ unha das estrelas convidadas no seu deb¨² como gaiteiro principal.
Chegados aqu¨ª haber¨ªa que mirar cara Portugal. O 23 de febreiro de 1987 morreu o Zeca Afonso, e o 13 de abril r¨¦ndeselle homenaxe no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entre os artistas convidados estar¨¢n Vitorino, Janita Salom¨¦, Sergio Godinho, J¨²lio Pereira, Dulce Pontes, Zeca Medeiros, Joao Afonso e Cantadores do Redondo. Por parte galega, Faltriqueira, Mercedes Pe¨®n, Narf, V¨ªctor Coyote, Ant¨®n Reixa, Ux¨ªa e compa?eiros de viaxe como Benedicto, Miro Casabella ou Xico de Cari?o.
A TVG gravar¨¢ o espect¨¢culo, que se emitir¨¢ regulamentariamente o 25 de abril. Haber¨¢ que velo pola televisi¨®n, porque o concerto esixe convite.
A sorpresa agradable da primavera xa a anunciou hai tempo Sinsal Audio: Bonnie Prince Billy, o autor de I see a darkness, estar¨¢ en Vigo o d¨ªa 3 para presentar The letting go.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.