Os problemas dun poeta nacional
Fixar a Pondal como inventor do galego literario excusou ata ¨¦pocas recentes a revisi¨®n da s¨²a obra
Tal do meu ser no fondo / Levo unha luz lanzal / Que d'un origen grande / me dice que fun j¨¢
De Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835-A Coru?a, 1917) p¨®dese dicir, sen deturpar a comunicaci¨®n literaria, que ¨¦ un poeta nacional. Como poeta fundador trouxo un arreguizo novo, en forma de idioma literario, alonxado da l¨ªrica popular de Rosal¨ªa de Castro, a poeta do pobo.
Ao tempo, como subli?ou Mar¨ªa Xos¨¦ Queiz¨¢n con certo estrondo inicial hai d¨²as d¨¦cadas, Pondal ¨¦ apoloxeta da violaci¨®n nunha ducia de poemas m¨¢is mis¨®xinos c' As almas escravas (As almas escravas de ideas non grandes / van pensando mil cousas fem¨ªneas / molentes e infames).
"As actitudes reverenciais son terribles", lembra Queiz¨¢n. Nos seus primeiros poemas en castel¨¢n, por¨¦n, non hab¨ªa pegadas de ¨¦tica castrense.
"? evidente que alg¨²ns poemas son aberraci¨®ns, lidos agora e daquela", lembra Arturo Casas
Pola v¨ªa do celtismo, Pondal converteuse "no maior cohesionador social de Galiza"
"En Pondal hai un orgullo nacional", di Arturo Casas, profesor de Teor¨ªa Literaria na Universidade compostel¨¢. "A lectura da melancol¨ªa queda moi atemperada. Intenta fomentar unha naci¨®n m¨¢is poderosa e segura de si, cunha visi¨®n construtiva marcadamente teleol¨®xica".
"? evidente que alg¨²ns poemas de Pondal son aberraci¨®ns lidos agora e daquela", di Casas, "e est¨¢ pendente unha revisi¨®n da historia literaria en chave feminista". O papel da muller en Otero, Risco ou Dieste tam¨¦n ser¨ªa dif¨ªcil de defender.
Fixar que cousa ¨¦ un poeta nacional no XIX expl¨ªcase ao xeito en Alema?a ou Italia, en v¨ªas de unificaci¨®n, Francia, Grecia ou Rusia. Verdaguer en Catalu?a, Carducci (os italianos escoll¨¦rono temporalmente), Pushkin, Burns en Escocia un pouqui?o antes... A maior¨ªa deles -e Napole¨®n- buscaron no mundo celta, a primeira cultura europea, os primeiros alicerces dunha cultura propia.
E Pondal? Ao berganti?¨¢n retrat¨¢rono recentemente nun xornal que intentaba criticar a aristocr¨¢tica liturxia do himno galego, malia que o celtismo en Espa?a, como remarca Manuel Forcadela, "entrou desde Francia a trav¨¦s dos irm¨¢ns Rodr¨ªguez Mohedano". Pero iso aconteceu en espazos onde o que se cuestiona ¨¦ a teimos¨ªa nacional da letra e dos seus destinatarios.
"Pondal constr¨²e desde a poes¨ªa unha mitolox¨ªa baseada no car¨¢cter celta dos galegos", resume Manuel Ferreiro, responsable da edici¨®n conxunta das obras completas (Sotelo Blanco-Real Academia Galega), co soporte cr¨ªtico n'Os Eoas (2005) de Xos¨¦ Ram¨®n Pena e Manuel Forcadela. "Galiza ¨¦ celta e Espa?a [¨¢ que alude como "gran prostituta do centro" nalg¨²n poema solto] ¨¦ romana". En Queixumes dos pinos (1886), "f¨¦rreo", "grande" ou "erguido" rep¨ªtense de xeito case secuencial. Os sentimentos e os estados de ¨¢nimo danlle cor e son a unha identidade futura, nun idealismo animoso que contrasta coa amarga servidume dos labregos, expostos ¨¢ fame.
Antes de buscar cultismos coma un fl?neur enfermizo pola fronda de Berganti?os, a Pondal decidiu traelo ao mundo unha familia da pequena nobreza rural no tr¨¢nsito ¨¢ burgues¨ªa vilega, segundo remarca, para explicar contradici¨®ns posteriores, Ferreiro en Pondal: do dandysmo ¨¢ loucura. Biograf¨ªa e correspond¨¦ncia (Laiovento, 1991). Foi o ¨²ltimo de sete irm¨¢ns, cinco delas mulleres, orfas de nai en 1836. En pleno Rexurdimento, veu estudiar a Compostela.
Do¨ªan na memoria os fusilamentos de 1846, mais xa hab¨ªa tempo que espernexaban A?¨®n, Valladares, Murgu¨ªa, Faraldo ou Rosal¨ªa. Matriculado en Medicina en 1854, en Santiago converteuse, segundo a Pardo Baz¨¢n (coa que engarrar¨ªa a mi¨²do pola teima da coru?esa en negar a dimensi¨®n literaria do idioma), no poeta galego "m¨¢is instru¨ªdo do seu tempo". Xa o era antes de que Murgu¨ªa, no seu papel de historiador, o puxese en contacto con The Works of Ossian, the Son of Fingal, a invenci¨®n coa que o poeta escoc¨¦s James McPherson levantou o ¨¢nimo dos celtas ga¨¦licos do seu pa¨ªs, derrotados na batalla de Culloden (1746). Para El¨ªas Torres, do departamento de Filolox¨ªa Galego-Portuguesa da USC, a v¨ªa celt¨®fila de Pondal fixo del "o maior cohesionador social de Galiza". "Murgu¨ªa ti?a moi claro que se necesitaba un gran poeta ¨¦pico (Pondal), l¨ªrico (Rosal¨ªa) e pol¨ªtico (Curros)", di o presidente da Real Academia Galega, Xos¨¦ Ram¨®n Barreiro Fern¨¢ndez.
Pondal, amante de Esparta, co?ec¨ªa a tradici¨®n grecolatina. Tam¨¦n a Milton, Chateaubriand, Leopardi, algo menos o arco fluctuante da vangarda po¨¦tica francesa finisecular, e Cam?es. N' Os Lus¨ªadas viu un espello para Os Eoas, o poema ¨¦pico que non chegar¨ªa ver publicado en vida. O que lle faltaba a Galiza para alternar coas literaturas europeas cargadas de tradici¨®n. E, no estra?amento de Portugal, unha "ferida fonda", en palabras de Lois Tob¨ªo, para quen o iberismo do poeta se orientaba cara modelos confederais.
No banquete de Conxo (1856), Pondal tivo a mellor iniciaci¨®n posible, compartindo mesa co carism¨¢tico Aurelio Aguirre. Tras opositar en 1860, a penas exerce uns meses na f¨¢brica militar de Trubia (Asturias). Xa non volveu sa¨ªr de Galiza. Repartiu a vida entre Berganti?os, Santiago e A Coru?a, onde frecuentaba a tertulia da Cova C¨¦ltica, trastenda da librer¨ªa de Ux¨ªo Carr¨¦, para reunirse con Murgu¨ªa, o enxebrista Lugr¨ªs Freire ou Mart¨ªnez Salazar. Na Coru?a alixeiraba os h¨¢bitos. O contrato familiar -perd¨ªa o herdo de casar- contribu¨ªu a alonxalo da vicar¨ªa. Padeceu "males pecaminosos" (s¨ªfile) e morreu case cego, soberbio malia unha inevitable sensaci¨®n de fracaso: "D¨¦chedesme unha lingua de ferro i eu douvos unha lingua de ouro". Con 20 anos xa se sent¨ªa a voz do pobo. O Bardo, segundo recolle Forcadela, "poeta pol¨ªtico transcendental".
"En Galiza, ao rev¨¦s do que acontecera nas literaturas europeas, o realismo non ¨¦ burgu¨¦s, e a reacci¨®n idealista non significa unha evasi¨®n da realidade", sintetiza Ferr¨ªn en De Pondal a Novoneyra. Como non ¨¦ cousa de escoller entre saudade e celtismo, Forcadela matiza a suposta dependencia entre o imaxinario literario e o nacionalismo: "A d¨ªa de hoxe non hai s¨® nacionalismo rom¨¢ntico, sen¨®n o outro, que levamos buscando".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.