A mesa c¨®smica de Pi?eiro e o HAL de Kubrick
Dic¨ªa verdade, mais o que eu botei de menos no comunicado laudatorio en que se informaba da dedicatoria do D¨ªa das Letras Galegas a Ram¨®n Pi?eiro foi unha referencia ¨¢ mesa. ? c¨¦lebre mesa. A esa mesi?a de braseiro, circular, co?ecida urbi et orbe como A mesa camilla de don Ram¨®n. Non sabemos se todo un monte, o de Gai¨¢s, parir¨¢ un rato ou un mam¨ªfero cultural, mais a mesa, aquela sinxela mesa de madeira de pi?eiro de Pi?eiro, foi o epicentro, o punto xeod¨¦sico, a lanzadeira dun renacemento na escuridade.
O valor da mesa de Pi?eiro non v¨¦n derivado da orixinalidade como obxecto art¨ªstico ou de dese?o. ? unha mesa senti-pensante con braseiro ¨¦pico. O moble da saudade de futuro de pret¨¦rito. Vela¨ª un noso lugar no mobiliario universal da vangarda. Est¨¢n a cadeira de Wassily (a peza emblem¨¢tica da Bauhaus, en 1926), o sof¨¢ LC2 de Le Corbusier, a mesa escritorio de Marcel Breuer, a cadeira Qu¨¦ Alta est¨¢ a L¨²a de Shiro Kuramata... Hai mobiliario, hoxe imprescind¨ªbel, que naceu como art¨ªstica provocaci¨®n. Eis o urinario de Marcel Duchamp. E nese mesmo ronsel de provocaci¨®n art¨ªstica, a xenial Cama desfeita de Trency Emin. Pois a¨ª, nese museo dos obxectos con ¨¢urea, con vida de seu, a¨ª entra A Nosa Mesa, a mesa senti-pensante de Pi?eiro.
Falar de Ram¨®n Pi?eiro sen a s¨²a mesa ¨¦ como falar do rei Artur sen a T¨¢boa Redonda ou de Michel Eyquem sen o seu castelo de Montaigne. Merece unha menci¨®n, unha lembranza, unha instalaci¨®n. Jacques Derrida subli?ou a importancia dos detalles limiares nos libros. A cuberta, as gardas, as p¨¢xinas de cortes¨ªa... Todo iso ¨¦ esencial no libro. Pois a mesa era o grande detalle limiar de Pi?eiro. Sentar na mesa con don Ram¨®n era tam¨¦n pola s¨²a parte unha p¨¢xina de cortes¨ªa. Mais quen sentaba sab¨ªa que co agasallo estaba a ser sometido a unha proba de navegaci¨®n. A unha viaxe inici¨¢tica.
Xuro que a primeira vez que sentei en Xelm¨ªrez 15, al¨® na primeira mocidade, sent¨ªn o arrinque das turbinas e o despegue da mesa. Non dixen nada. Chov¨ªa en Santiago. O caso era dar unha volta, a¨ªnda que fora pola eternidade. Deixeime ir porque don Ram¨®n era un piloto que transmit¨ªa confianza. Ti?a uns ollos de aviador, de ave noit¨¦brega. Absolutamente hipn¨®ticos. E o continuo acenar dos brazos, das mans diante da t¨²a ollada! Hab¨ªa quen dic¨ªa que era linguaxe xestual, mais eu coido que o que fac¨ªa Pi?eiro era mover as pancas da mesa e premer os mandos da cabina espacial da nave Xelm¨ªrez 15 propulsada pola mesa helicoidal de braseiro.
Unha volta na mesa camilla
Lembro moi ben o lixeiro abaneo, o mareo que ti?a cando baixei os chanzos de Xelm¨ªrez 15, cando xa anoitecera. Mirei dende abaixo, dende a r¨²a mollada. Al¨ª estaba el, na galer¨ªa, cun aceno de adeus, os ollos como focos furando na noite. Era as¨ª, non ¨¦ conto. Non sei se pasei a proba ou non. Coido que el desistiu de examinarme, e que me aceptou como un ocasional copiloto pregunt¨®n. Volv¨ªn unhas cantas veces. Sempre que me apetec¨ªa dar unha volta polo espazo e o tempo. Hab¨ªa amigos que se estra?aban. "E ti que carallo vas falar con Pi?eiro?". Eu non pod¨ªa dicirlles a verdade. El nunca me adoutrinou. Eu ¨ªa onda Pi?eiro para dar unha volta na mesa camilla!
Aquela mesa de suposto braseiro era, en realidade, unha supercomputadora na Compostela do "ventre do silencio". Por unha banda era o lugar do or¨¢culo. E por outra, unha extraordinaria base de datos, con informaci¨®n esencial. Esa dobre caracter¨ªstica f¨ªxome ver a mesa de Pi?eiro como unha variante galega e camuflada de HAL 9000, a computadora de Odisea no espazo, de Arthur C. Clarke, que levar¨ªa Stanley Kubrick ao cinema. De feito, Pi?eiro ti?a unha voz cuspidi?a ¨¢ de Douglas Rain, o acto que fac¨ªa de HAL. Ou era ao rev¨¦s?
Verbo da semellanza entre HAL e a MESA de Xelm¨ªrez 15 ¨¦ moi significativo este pensar que don Ram¨®n introduce en Filosof¨ªa da saudade, a s¨²a obra m¨¢is senlleira: "P¨®dese dicir que o home galego vive individualmente inmerso na natureza; m¨¢is que sometido ¨¢ presi¨®n do ambiente social, vive sometido ¨¢ presi¨®n do ambiente c¨®smico". O ambiente c¨®smico! Hai que volver a coller o tintiman desta filosof¨ªa.
Anda moito en prensa a intelectualidade enfurru?ada contra os "localismos" con lingua propia, sen ver a trabe no ollo propio. A mi?a opini¨®n sobre o Manifesto castelanista est¨¢ no refraneiro: "Gali?a ser¨¢, pero ch¨¦irame a can". Agora ben. Quen queira saber m¨¢is, que lea a Pi?eiro. Non podemos perder o tempo con andr¨®menas, mentres estamos a vivir a presi¨®n do ambiente c¨®smico. Eu, dende agora, s¨® falarei de cuesti¨®ns ling¨¹¨ªsticas con HAL 9000 ou coa mesa de Pi?eiro.
O pi?eirismo
Ram¨®n Pi?eiro mais de polas s¨²as obras ensa¨ªsticas, en especial a devandita Filosof¨ªa da saudade, ¨¦ co?ecido polo pi?eirismo. Non abundan os casos na intelectualidade galega de ter un prolongamento, doutrinal ou est¨¦tico, que se expresara en ismo. Non hai, por exemplo, un currismo (Curros), nin un risquismo (Risco), nin un pedrayismo (Otero Pedrayo)... Hai, si, moitos estudosos e amadores destes autores, como hai rosalianas ou pondalianos. Tense falado moito da ascendencia sobre Pi?eiro do doutor Garc¨ªa-Sabell, tan brillante en todo, m¨¢goa desa soidade final nun recanto do club N¨¢utico coru?¨¦s. Mais non hai un garc¨ªa-sabelismo, e si hai un pi?eirismo.
E que cousa o pi?eirismo? Ese home en loita co "ambiente c¨®smico", que viaxaba no espazo-tempo, que fixo da mesa de braseiro unha supercomputadora, era tam¨¦n un paradigma de realismo. Pi?eiro ti?a d¨²as conexi¨®ns, en realidade complementarias. O ollar c¨®smico e o principio de realidade. Nel habitaban o d¨ªa, a noite e m¨¢is a aurora. Co?eceu a aurora na adolescencia e nun per¨ªodo moi breve, o da esperanza galeguista e republicana. Despois caeu a noite e co?eceu a clandestinidade nos anos m¨¢is crueis da ditadura. Foi, pois, un resistente, que acabou na cadea cando era sin¨®nimo de morte. Ao sa¨ªr do c¨¢rcere, talvez viviu o m¨¢is dram¨¢tico dilema. Proseguir a resistencia pol¨ªtica directa ou tentar resistir por medio do que chamou a tarefa cultural. Sempre ficar¨¢ a d¨²bida de se foi atinada a decisi¨®n de aplicar a eutanasia ao Partido Galeguista, en doloroso enfrontamento cos exiliados.
O nome escollido para a operaci¨®n cultural foi magn¨ªfico (Editorial Galaxia, outra vez o c¨®smico!) e o proxecto foi realizado co esforzo dun dos mellores equipos que tivo Galicia, nos que sobrevive polo menos un prometeo, Francisco Fern¨¢ndez del Riego.
O pi?eirismo era unha ecuaci¨®n simple: democracia + autonom¨ªa + europe¨ªsmo. E logo unha t¨¦cnica, sobre todo unha t¨¦cnica. O traballo coas elites. A seduci¨®n das elites. Hoxe toca pesar pan. As¨ª que no balance positivo, dous intres hist¨®ricos: O movemento contra o aldraxe da discriminaci¨®n estatutaria e o acadar un consenso para a Lei de Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica, mesmo convencendo ¨¢ dereita m¨¢is de a ceac¨².
Don Ram¨®n Pi?eiro ter non tivo moitos medios. Viviu sempre de xeito humilde. O asombroso ¨¦ que sempre ti?a tempo. E sobre todo, ti?a unha mesa c¨®smica.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.