Os ventos volven fuxir
O m¨ªtico grupo folk dos 70 e 80 volve ¨®s escenarios co espect¨¢culo 'Terra de so?os'
Moitos de 40 anos para abaixo te?en entoado "Sementar, sementarei" ou "Non canta na Ch¨¢ ningu¨¦n/ por iso, meu carro canta..." coa firme convicci¨®n de que son temas tan tradicionais como Catro vellos mari?eiros. Esas canci¨®ns son tan parte do folclore, ou pop no sentido orixinario do concepto, como pode ser Love me tender de Elvis para as xeraci¨®ns que se criaron no rock. Pero foron compostas hai arredor de tres d¨¦cadas por unha ducia de daquela adolescentes, chamados Folk 72, e que aquel mesmo ano subiron por primeira vez ¨® escenario do II Festival Musical de As San Lucas de Mondo?edo, e ga?¨¢rono co tema Fuxan os ventos. Desde ent¨®n, e ata a derradeira actuaci¨®n, en 1989 en Segovia, subiron a todo tipo de escenarios, desde teatros a teleclubes, en aldeas ou en Bruxelas, e editaron seis discos: Fuxan os ventos (1976), O tequeletequele (1977), Galicia canta ¨® neno (1978), Sementeira (1979), Quen a soubera cantar (1981) e Noutrora (1984). Para moita xente, foron a banda sonora dunha terra e dun tempo. Agora, a piques de cumprir 20 anos apeados dos escenarios, volven. Os d¨ªas 18 e 19 de outubro no Auditorio de Galicia. Non s¨® os Sex Pistols recuncan.
"? facer o que nos apetece en cada momento. Un regalo para n¨®s mesmos"
"'Desfixer' nunca nos desfixemos, seguimos gravando discos"
A¨ªnda que, en realidade, Fuxan os Ventos nunca deixaron de zoar. En 1999 editaron Sempre e m¨¢is despois (t¨ªtulo que agora se revela como prof¨¦tico) e tres anos m¨¢is tarde, Na memoria dos tempos (¨ªdem). E tam¨¦n subiron ¨®s palcos en tres ou catro ocasi¨®ns, sempre por solidariedade. A ¨²ltima vez, en agosto do ano pasado, no Festival de Pardi?as en Guitiriz. Al¨ª fix¨¦ronlles unha oferta que non quixeron rexeitar: facer un espect¨¢culo coas m¨²sicas de sempre anovadas, con nove m¨²sicos detr¨¢s e convidados de luxo ¨® lado, e cunha ambiciosa proxecci¨®n audiovisual. Un concerto, Terra de so?os, 29 pezas ¨® longo de d¨²as horas, que se converter¨¢ nun CD-DVD.
"Fun velos para ver se pagaba a pena tentalo. Cantaron s¨® oito ou nove temas, pero vin que si. Falei con eles e responderon ben" recorda Noa D¨ªaz, a xovenc¨ªsima responsable de NonSi? Servizos Culturais, a empresa promotora do asunto. "As¨ª e todo, t¨ªvenlles que presentar un proxecto t¨¦cnico polo mi¨²do antes de que me contestaran". As¨ª e todo, porque Noa ¨¦ filla de dous compo?entes de Fuxan, Moncho D¨ªaz e Tareixa Novo. "Non o po?as, que van pensar calquera cousa", roga a promotora, que confesa que o grupo sempre lle gustou, pero "nunca na casa vin un disco de Fuxan", comenta no local da SGAE en Compostela, no medio dun ensaio "con todo", inclu¨ªdo o grupo de acompa?amento e o cuarteto de corda que subir¨¢n con Fuxan ¨® auditorio.
Levan un ano ensaiando as voces, xunt¨¢ndose normalmente en Lugo as fins de semana, e esta ¨¦ a segunda "con todo" de seis ou sete que far¨¢n antes do 18. No amplo local da sociedade de autores est¨¢n nove dos dez (falta Xos¨¦ Luis Freire, coordinador musical da Radio Galega) que estiveran naquela "fuga de Segovia" hai d¨²as d¨¦cadas. Alfonso Fern¨¢ndez, profesor de ingl¨¦s en Chantada, descarrila o ensaio de Dame lume, unha animada peza con ritmo da m¨²sica xudea klezmer, entoando "Give me fire, Xoana/polo vertedeiro". "Despois de tanto tempo, met¨ªa medo, pero dixemos 'vamos probar, a ver como sae', pero segundo se vai achegando a data...", conta mentres os outros rin. Moncho D¨ªaz, t¨¦cnico de radio, esc¨¦ptico oficial do grupo (e o que vai m¨¢is veces ¨® atril para lembrar a letra), ¨¦ sen embargo o m¨¢is contundente ¨® afirmar que "desfixer nunca nos desfixemos, seguimos gravando discos".
Carme V¨¢zquez foi a m¨¢is reacia: "A maior¨ªa quer¨ªa facelo, e aceptei para non deixalos colgados", di esta mestra de Primaria en Bertamir¨¢ns, que non ten problemas para recordar as letras. "Que letras?, se a maior¨ªa das veces s¨® facemos uuuuuhhhh", ironiza Ant¨®n Castro, o da zanfona, mestre en Outeiro de Rei, liberado sindical da CIG. Tareixa Novo, que se define como "mestra", obviando que ¨¦ Delegada de Vicepresidencia na Coru?a, quita dramatismo ¨® asunto. "? facer o que nos apetece en calquera momento. Un regalo para n¨®s mesmos". Fuxan non afrontan Terra de so?os polo que a maior¨ªa dos recuncantes, os cartos, sen¨®n por esa "se?ardade que espanta", que cantan en O carro.
Sempre e m¨¢is despois
Quen, acorde¨®n en mans, sentencia a interpretaci¨®n de O vira vira cun "non estivo mal", ¨¦ o compositor Xos¨¦ Lois Romero. Naceu al¨® polo ano en que se creou o grupo, e se aceptou ser director musical e autor dos arranxos dos temas de sempre de Fuxan foi porque "o reto era grande, pero a oferta era fascinante, era facer contempor¨¢nea unha m¨²sica moi transcendente, con moito simbolismo, e conservar a esencia de algo que foi moi importante neste pa¨ªs".
A maiores, a s¨²a responsabilidade incl¨²e enfiar a participaci¨®n dos convidados, Ux¨ªa Senlle, Guadi Galego ("veu a ensaiar a primeira hora e acabou chorando de emoci¨®n"), Xabier D¨ªaz, Rodrigo Roman¨ª, Pepe Ferreir¨®s, Mercedes Pe¨®n e Nova Galega de Danza. Tam¨¦n a colaboraci¨®n dos outros oito m¨²sicos: Guillermo Fern¨¢ndez, Roi Adrio, Benxam¨ªn Otero, Sim¨®n Garc¨ªa, Fernando Docampo, Iv¨¢n Novo, Sergio Sieiro e Rosal¨ªa V¨¢zquez, estes ¨²ltimos o cuarteto de corda Saiva nova (e tan nova, todos naceron cando o grupo que acompa?an estaba no cimo).
"O m¨¢is complicado foi afacerse a uns arranxos que non son estrictamente de m¨²sica cl¨¢sica, pero queda moi ben", di Sergio Sieiro, que ten acompa?ado ¨¢ viola a Rosa Cedr¨®n. "Para n¨®s foi unha superaci¨®n comprobar coa soa", tercia t¨ªmido Iv¨¢n Novo. A Rosal¨ªa V¨¢zquez, violonchelista, o do folk-pop non lle acae tan alleo, "porque meu pai era m¨²sico e tocou con Andr¨¦s Dobarro". E menos a Fernando Docampo, que a maiores de violinista ¨¦ gaiteiro, e quedou de terceiro -como cantante- no concurso televisivo Son de estrelas.
E todo este despregue de nostalxia, d¨²bidas e traballos para dous concertos e un disco? O ton xeral ¨¦ que tanto esforzo non pode morrer a¨ª. "Ese mono que ti?amos non se vai saciar con dous concertos, penso, pero tampouco imos volver ¨¢ fase da furgo, a carretera e as actuaci¨®ns", coida Xan Fuertes. "O futuro, o tempo o dir¨¢", filosofa Pepe V¨¢zquez, hoxe t¨¦cnico de radiolox¨ªa no Hospital Xeral Calde de Lugo, sen apearse o tambor. "O de seguir, plantex¨¢molo e descart¨¢molo", descr¨¦ a Carme V¨¢zquez tan crente no m¨¦todo democr¨¢tico. A conclusi¨®n realista ¨¦ a do liberado sindical Ant¨®n Castro: "A noite do 19, acabando de cear no Dezaseis, xa falaremos".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.