Para que serve ser galego?
Novos enfoques alimentan o debate adiado sobre a cuesti¨®n da identidade
A primeira vez que Ortega y Gasset pasou en Galicia m¨¢is dun fin de semana, debeulle prestar a visita. "Sorprende que o feito enorme da s¨²a peculiaridade rexional non se proxecte sobre o rexime civil de Espa?a", dixo o fil¨®sofo, ¨¢ dereita de Manuel Aza?a en todo (tam¨¦n en materia de federalismo), destacando o "acusado perfil da alma galega". Sobre a dif¨ªcil reconstruci¨®n das marcas simb¨®licas desmaceladas polo franquismo, no caso galego, opinou Josep Tarradellas. No ano do punk, o antigo deputado de Esquerra resumiuno coa distancia do exilio: "En Galicia son todos escritores".
Visi¨®ns tanxenciais coma estas adoitan reproducirse cando se fala en Galicia da construci¨®n -estatal e propia- da identidade. Non hai teses que vallan para un concepto inapreixable desde un enfoque un¨ªvoco das ciencias sociais, pero antrop¨®logos, psiquiatras, fil¨®sofos, historiadores e artistas apuntan a necesidade de rescatar a cuesti¨®n da identidade, cos seus conflitos e paradoxos, como estratexia global no mundo l¨ªquido. Semella a hora dos protagonistas, tanto para falar da desaparici¨®n dos labregos como dos emigrantes apartados do discurso p¨²blico.
"Sen proxecto, calquera identidade ¨¦ unha identidade alienada"
"Comparar a lingua coas baleas ¨¦ traballar contra n¨®s mesmos"
O psiquiatra Ram¨®n Area, que traballa con enfermos terminais no hospital compostel¨¢n Gil Casares, f¨ªxoo con Alejandro Garc¨ªa Caballero en Psicopatolox¨ªas do retorno (Premio Pi?eiro 2006). Al¨ª recoll¨ªan as historias dos emigrantes desarraizados na volta a Galicia, un pouco ao xeito do soci¨®logo Richard Sennett -que falou con asalariados- no seu ensaio sobre as consecuencias do traballo no novo capitalismo. Laiovento publicar¨¢ proximamente Arquitecturas da infancia e Pantasmas na mirada: telescopios, onde Area e Luis Vila estudan a construci¨®n da mirada a trav¨¦s da linguaxe infantil e cinematogr¨¢fica.
"Existen feitos relacionados coa identidade galega pouco explorados, ignorados ou reprimidos", din, "e falta un proxecto; sen el, calquera identidade, persoal ou colectiva, ¨¦ unha identidade alienada". Que algunhas referencias hist¨®ricas -do celtismo ¨¢s d¨²bidas e saudades da mente galega- a¨ªnda se poidan pensar como certezas, ap¨®?enllo ¨¢s "tensi¨®ns existentes ante a perspectiva dunha desaparici¨®n da identidade".
As achegas desde este ¨¢mbito, a falta de que Santiago Lamas (Galicia borrosa, Ferr¨ªn e outras historias) remate un novo libro sobre a construci¨®n das identidades nacionais a trav¨¦s da literatura -as¨ª en Galicia como nas Illas Brit¨¢nicas-, son tan plurais como a psicolox¨ªa. No idioma lacani¨¢n, o responsable da revista Finisterre freudiano, Ux¨ªo Castro, di que ser galego "s¨® ¨¦ un s¨ªntoma", e conv¨¦n que o autoodio ¨¦ un roubo, "se serve para non traballar". Le por tel¨¦fono un listado de trastornos mentais segundo a relaci¨®n dos galegos coa lingua e pregunta "que fixemos os galegos para sa¨ªr nalg¨²ns dicionarios como persoas de poucas luces". "Como as persoas, cada pobo ga?a os seus s¨ªntomas. E preguntar por que ¨¦ comezar a saber. O mundo ¨¦ persecutorio para todos, pero a cuesti¨®n ¨¦ por que nos po?emos na posici¨®n da v¨ªtima".
O porqu¨¦ e o para que son preguntas tradicionais do antrop¨®logo Marcial Gondar (Cr¨ªtica da raz¨®n galega), que agora prepara un libro subtitulado A guerra das identidades. "A cuesti¨®n ¨¦ que imos facer, non 'que nos vai pasar", resume, no destaque da identidade "como estratexia e non como esencia", en alusi¨®n ao traballo fundacional da Xeraci¨®n N¨®s. "Tal e como facemos aqu¨ª, a etnograf¨ªa ¨¦ de dereitas. Dicimos cousas moi parecidas ¨¢s de Xocas [Xaqu¨ªn Lorenzo] ou Fraguas, coa diferenza de que Fraguas foi ¨¢ cadea, e a n¨®s subvencion¨¢banos P¨¦rez Varela". Que boa parte da antropolox¨ªa galega criada na ilusi¨®n celt¨®fila estea lonxe da antropolox¨ªa simb¨®lica, ou simplemente de L¨¦vi-Strauss, non ¨¦ un paradoxo. "Tampouco", ri, que o groso da esquerda independentista sexa risqueana "se lles preguntamos que opinan do turismo cultural".
Para Gondar conv¨¦n crear identidade "sen falar dela", "contaminar, non conquistar". Proxectar unha identidade "de futuro", alicerzada nunha relectura plural do pasado. "No mundo actual, as mensaxes do pasado sen reelaborar, desde o punto de vista do marketing cultural, convencen s¨® aos convencidos". No xogo da persuasi¨®n entra a lingua como primeiro s¨ªmbolo: "Un p¨®ster que relacione baleas e idioma galego [en referencia a unha campa?a da Mesa pola Normalizaci¨®n] ¨¦ traballar contra un mesmo". "Temos a raz¨®n, pero hai que escoller a forma de seducir. El Corte Ingl¨¦s nunca pelexa contigo, pero consegue que lle leves o paquete enteiro. T¨¦?ennos que mercar o paquete tam¨¦n a n¨®s, e non podemos chamarlles ignorantes se non o fan. Est¨¢n en xogo o leite, a pesca e a reorganizaci¨®n do territorio, agora que os fondos prioritarios ir¨¢n ao Leste".
De evitar a polarizaci¨®n fala tam¨¦n Mar¨ªa L¨®pez S¨¢ndez, autora de Paisaxe e naci¨®n (A creaci¨®n discursiva do territorio), que non concibe a supervivencia como pobo diferenciado sen a lingua. A respecto da paisaxe, e de como axudou a constru¨ªr o imaxinario social, o conflito ¨¦ inevitable. "Unha cousa ¨¦ popularizar o discurso paisax¨ªstico iniciado por Rosal¨ªa e outra evitar a acci¨®n destrutora sobre o territorio". Da predisposici¨®n ao conflito oc¨²pase o escritor Samuel Solleiro. Antrop¨®logo de formaci¨®n, fala como violinista do grupo Ataque Escampe, cuxo pen¨²ltimo traballo, Galicia es una mierda, requeriu algunha explicaci¨®n. "Pensamos que identidade ¨¦ unha construci¨®n que non ten valor ning¨²n se non ¨¦ en choque frontal con outras construci¨®ns", di. "? dicir, unha ferramenta pol¨ªtica e, madia leva, provisional".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.