A coci?a a lume lento de Marful
O cuarteto ultima a gravaci¨®n do seu segundo disco, que sair¨¢ este ano - A banda incorpora m¨¢is repertorio propio e ritmos de todo o mundo
Un gato rubio e sen nome que se espreguiza ao sol despois da sesta vespertina ¨¦ un dos 500 habitantes oficiais da parroquia de Caritel (Ponte Caldelas). O d¨ªa de abril luminoso na primavera intermitente convida a gozar, ao aire libre, das correntes que envolven a lindeira Serra do Su¨ªdo e espeluxan os teitos das carballeiras. Agora que calaron o remorso da chuvia e o estourido da madeira seca no lume, a quietude ¨¦ clamorosa.
Apenas ser¨¢n uns minutos, mais son efectivos para recargar bater¨ªas. A car¨®n da mascota an¨®nima que outra volta claudica sen resistencia e aband¨®nase ao sono, a vocalista e compositora Ugia Pedreira apura a pausa. Tam¨¦n tivo que ver esta tranquilidade nos motivos que conduciron ¨¢ s¨²a banda, Marful, a estar aqu¨ª. O grupo remata estes d¨ªas a gravaci¨®n do seu segundo ¨¢lbum. S¨® resta a voz da cantante e para ese proceso escolleron os estudos Savik Sound, ubicados nunha casa de arquitectura indiana constru¨ªda a principios do s¨¦culo XX na pequena parroquia e que atesoura unha mesa anal¨®xica dos 80 que achega, segundo o t¨¦cnico Jos¨¦ Trincado, Triki, "calidez, un son peculiar marca da casa". O contexto semella a p¨¦ feito para cadrar coa identidade musical dunha banda con querenza especial polos ritmos de ida e volta. "O que m¨¢is me gusta desta profesi¨®n ¨¦ estar no palco e escribir, o estudio ¨¦ o que peor levo; as¨ª que, polo menos, compensa o feito de facelo neste lugar", revela. Non ¨¦ a ¨²nica confidencia da artista, disposta a compartir unhas horas do seu traballo ao p¨¦ do micro, o punto onde converxen ideas probadas, ocorrencias posteriores e o intre preciso en que a cantante se coloca a gravar.
Os estudios Savik Sound te?en unha mesa dos 80, "son marca da casa"
"O que peor levo desta profesi¨®n ¨¦ o estudio", confesa Ugia Pedreira
Cubanos, ingleses ou o violinista Quim Farinha colaboran no disco
'De Vigo vuelvo' ¨¦ unha partitura atopada na fronteira francesa
A mec¨¢nica asem¨¦llase ao xeito de filmar unha secuencia de cine que amosa o como-se-fixo. Cada tema ¨¦ un quebracabezas que se pensa, se ensaia, se pule e se escoita, unha e outra vez, para acadar o matiz desexado, o punto interpretativo que require a letra, as inflexi¨®ns que dialogan cos arranxos e o final que pon o contrapunto aos instrumentos. Nos ¨²ltimos dous meses, os outros tres membros de Marful, os irm¨¢ns Pedro e Pablo Pascual e Marcos Teira, rexistraron as bases musicais propias e as da avultada e ilustre n¨®mina de colaboradores. Ademais dos habituais, o bater¨ªa Lar Legido e o contrabaixista Xacobe Mart¨ªnez Antelo, no novo disco de Marful soan os cubanos Alejandro Vargas (piano) e Jos¨¦ Manuel D¨ªaz (contrabaixo), a trompeta do m¨²sico brit¨¢nico David Herrington, os viol¨ªns de Diego Galaz e de Quim Farinha e a serra de Germ¨¢n D¨ªaz.
Pedreira conc¨¦ntrase nas observaci¨®ns apuntadas por Pedro Pascual, quen a acompa?a estes d¨ªas decisivos, un disco a¨ªnda sen t¨ªtulo e sen data de lanzamento, polo de agora, a¨ªnda que ser¨¢ en 2010. Non hai precipitaci¨®n nesta coci?a aberta aos sabores ins¨®litos e que guisa a lume lento, como recomenda o bo xantar. Neste grupo, por certo, hai requintados gastr¨®nomos. Esta tarde incorpor¨¢se ademais outra visita, pero ¨¦ da casa. A cantante Guadi Galego ¨²nese ao d¨²o como colega de profesi¨®n, como profesora de canto na escola A Central Folque que dirixe Pedreira e, sobre todo, como amiga de Marful.
Empezan pola Jota para Frank Sinatra. ? un tema complexo, con cambios de ritmo e solos de trompeta poderosos que retan ¨¢ cantante, visibelmente conmovida pola intensidade. "Os m¨²sicos traballaron con total liberdade no seu terreo, agora t¨®came a min facer as mi?as aportaci¨®ns e, ao tempo, axustarme ¨¢s variaci¨®ns dos temas respecto do pactado nos ensaios", explica a cantante. O tema no que traballan nese intre ¨¦ un dos que xa ten aparecido no repertorio en directo de Marful, porque ao grupo lle gusta ir probando as novas composici¨®ns antes do seu lanzamento oficial. O que toca agora ¨¦ traspo?er ao estudio a interpretaci¨®n cu?ada en vivo.
At¨¦ o momento, a actuaci¨®n do pasado 27 de marzo en Pontevedra, compartindo cartel con Bonovo, ¨¦ a ¨²ltima de Marful. Tam¨¦n foi a ¨²nica contratada polo Xacobeo para todo este ano. O grupo aproveitou a ocasi¨®n para probar en directo outras primicias, como Maria Ningu¨¦m, do brasileiro Carlos Lyra que antes foi versionado por Rita Lee e por Brigitte Bardot, Pasodoble Universal, que sair¨¢ como primeiro sinxelo, e De Vigo vuelvo, a recreaci¨®n dunha partitura que Pedro atopou nun anticuario na fronteira francesa. Chamoulle a atenci¨®n o t¨ªtulo e resolveron conservalo coa melod¨ªa, para a que Pedreira compuxo a letra. De quen case nada se sabe ¨¦ do seu autor, un tal Ray Fortuny que algo debeu de andar por Galicia.
"En comparaci¨®n con Sal¨®n de baile [o primeiro disco, autoeditado en 2006], o peso das nosas composici¨®ns ¨¦ maior neste traballo", indica Pablo Pascual. Hai outras novidades salient¨¢beis, como o aumento da variedade instrumental, debida ¨¢ versatilidade dos m¨²sicos. Pablo toca varios tipos de clarinetes; ademais do seu acorde¨®n diat¨®nico, Pedro asume mandolinas, o banjo e a accordina, unha especie de mestura entre o acorde¨®n e a harm¨®nica; o guitarrista Marcos Teira incorpora aos seus ritmos aflamencados guitarras el¨¦ctricas, cavaquinhos e o tres cubano. "Ning¨²n destes instrumentos est¨¢ tocado ao xeito habitual, ¨¦ algo que nunca antes fixera con Marful", apunta Teira. Am¨¦rica e os sons que cruzaron o charco nas maletas dos emigrantes segue no referente, mais tam¨¦n con olladas a Europa "agora con moita m¨¢s elaboraci¨®n. Porque non somos arque¨®logos e cada tema ten un tratamento diferenciado", afirma Pedro.
Postais do mundo
A nova p¨¢xina web do grupo (marful.info), dese?ada a partir dunha creatividade do artista lalinense Misha Bies Golas, ser¨¢ a plataforma de lanzamento do primeiro single deste segundo disco pendente de bautismo. O 25 de abril, chiscadela a Portugal, estar¨¢ dispo?ible a versi¨®n definitiva de Pasodoble Universal. A s¨²a escolla como adianto non ¨¦ casualidade, pero tampouco ¨¦ elecci¨®n ao uso.
"Decidimos empezar a presentar este disco cun tema que ¨¦ unha canci¨®n de estampas, unha chiscadela chea de humor e desenfado, moi diferente ao ton do disco anterior, para que prenda na curiosidade do p¨²blico e lle apeteza saber m¨¢is de n¨®s, pero o resto do novo traballo ten pouco que ver con esta composici¨®n", explica Pedro Pascual. Tomando como referencia o pasodobre, emblema da m¨²sica espa?ola, a composici¨®n de Marful viaxa polo mundo evocando ritmos nacionais doadamente identific¨¢beis.
Nalgo menos de catro minutos, na versi¨®n provisional que xa se pode escoitar no portal virtual do cuarteto, soan compases dos pasodobres Madrid, Islas Canarias e Granada sobre unha melod¨ªa orixinal, fado e bossanova. A letra, un texto que repasa as viaxes do grupo en clave surrealista, tam¨¦n alude a Francia e Cuba e remata cun significativo "se non me perdo nas voltas, Galiza eu volto a ti" sobre unha alborada. M¨²sica galega convertida en canle de intercambio e comunicaci¨®n cultural.
Marful contin¨²a axitando a cocteleira sonora na que se mesturan os ritmos da viaxe musical emprendida pola banda desde a s¨²a formaci¨®n. O festival de Ortigueira, a comezos do vindeiro xullo, e o Teatro Col¨®n da Coru?a, en setembro, son as pr¨®ximas citas confirmadas nas que Marful ir¨¢ debullando as novas canci¨®ns, elaboradas con ingredientes da despensa tradicional ao gusto contempor¨¢neo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.