A clase maxistral de Mabel Rivera na pel de Mar¨ªa Callas
"Triunfou na m¨²sica e fracasou na vida". A actriz ferrol¨¢ Mabel Rivera (Ferrol, 1952) asumiu onte o complexo reto de meterse na pel e na gorxa de Mar¨ªa Callas na estrea absoluta de Master Class no teatro Jofre de Ferrol.
A peza, case unha biograf¨ªa teatralizada, abonda na dicotom¨ªa existencial dunha artista xenial e muller fracasada. "Mar¨ªa Callas, a diva, revolucionou o mundo da ¨®pera coa s¨²as interpretaci¨®ns vocais e o seu talento dram¨¢tico, pero a muller, Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, viviu como a int¨¦rprete da s¨²a propia traxedia grega", reflexiona Rivera.
A obra adapta un texto orixinal do dramaturgo norteamericano Terrence McNally, e recrea unha clase maxistral que a soprano de orixe grega impartiu contra o final da s¨²a vida na prestixiosa academia Julliard?s, de Nova York. Escrita hai 15 anos, esta obra valeulle o seu autor un premio Tony de teatro, o equivalente ¨®s Oscar no cine.
Conta Rivera que ela mesma fixo a primeira traducci¨®n da peza orixinal, do Terrence McNally, que "ti?a pola casa". "Foi unha traducci¨®n pura e dura, sobre un texto marabilloso, moi ben constru¨ªdo dramaticamente que houbo que alixeirar".
O proxecto arrincou hai case tres anos, no 2007, durante unha pequena incursi¨®n de Mabel Rivera no mundo l¨ªrico participando nunha montaxe coa Orquesta Sinf¨®nica de Galicia. Explica que caeu na conta de que eran "mundos esc¨¦nicos que viv¨ªan de costas". Do empe?o por levar a t¨¢boas galegas a clase maxistral de Mar¨ªa Callas pende a fascinaci¨®n persoal de Rivera pola diva grega e a admiraci¨®n pola peza de McNally "capaz de artellar un conflito dram¨¢tico en cada di¨¢logo".
Mabel Rivera, premio Goya en 2004 polo seu traballo en Mar adentro, soporta practicamente todo o peso da trama e da tensi¨®n dram¨¢tica dun gui¨®n extenso, complexo e moi rico en informaci¨®n que consume hora e media de funci¨®n sen pausas, que foron sacrificadas para "non arrefriar" o patio de butacas. A actriz retrata a unha muller "autoexixente e infeliz, que se sent¨ªa fea e gorda e que era co?ecedora da gran beleza da s¨²a voz".
"? unha obra de actriz, claro est¨¢" apunta o director, Xos¨¦ Manuel Rab¨®n, "satisfeito" co resultado dunha produci¨®n made in Galicia, tanto no vestiario, como na escenograf¨ªa. O elenco compl¨¦tano Lino Braxe, encarnando a Manny, o pianista, e Mar¨ªa Torres, no papel de Sophie, unha das alumnas. Celso Parada ser¨¢ a voz de Arist¨®teles Onassis, o gran amor de Callas, e a parte l¨ªrica corre por conta do tenor Enrique Mart¨ªnez, Tony, e Julia Cea, Sharon, como segunda soprano sobre un escenario pr¨¢cticamente nu, ambientado nos setenta e co piano como eixe referencial.
Master Class, de Bengala Producci¨®ns, estreouse onte no Jofre, polo confesado empe?o de Mabel Rivera de debutar "no seu teatro", o da s¨²a cidade natal. Repetir¨¢n funci¨®n hoxe e ma?¨¢, d¨ªas 16 e 17 de abril, ¨¢s 21.00. Despois iniciarase unha longa peregrinaxe que levar¨¢ a traxedia de Mar¨ªa Callas polos mellores teatros galegos da man do Xacobeo 2010, e outros escenarios estatais no vindeiro ano.
Os primeiros aloumi?os do p¨²blico local xa os recibiron antes da estrea. Un reducido grupo de veci?os, convidados polo concello e pola compa?¨ªa teatral, asistiron a principios desta semana a un ensaio aberto.
Onte, entre familiares, amigos "e o p¨²blico protocolario" das estreas, a actriz ferrol¨¢ botaba en falta a unha persoa no patio de butacas. Case a mesma hora, no Pazo da Cultura de Nar¨®n, o seu marido, Enrique Banet, recib¨ªa o premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual na gala dos Mestre Mateo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.