O almac¨¦n sen fin do MEGA
O Museo da Emigraci¨®n Galega de Buenos Aires afronta unha inxente tarefa de clasificaci¨®n documental a pesar da s¨²a escaseza de medios
Apenas catro persoas son as responsables da clasificaci¨®n e investigaci¨®n dos m¨¢is de cen mil documentos que forman o arquivo do Museo de Emigraci¨®n Galega (MEGA) de Buenos Aires. Situado no barrio porte?o de San Telmo, o museo foi creado en 2005 por iniciativa da Federaci¨®n de Sociedades Galegas (FSG) de Arxentina, que ten a s¨²a sede no mesmo inmoble. No seu almac¨¦n at¨®panse milleiros de documentos procedentes dos distintos centros galegos que pecharon as portas, do Centro Republicano de Buenos Aires, da propia FSG e de moitos particulares que doaron as s¨²as pertenzas ao museo cando faleceron. As dificultades son moitas, pero o entusiasmo suple a falla de medios para desenvolver esta tarefa.
O entusiasmo suple a falta de medios para realizar as investigaci¨®ns
O museo conserva unha colecci¨®n completa do xornal 'Galicia'
O historiador Ruy Far¨ªas, responsable de investigaci¨®n do MEGA, explica que nestes momentos existe un inventario de todos os documentos que forman o arquivo, a¨ªnda que est¨¢ pendente o labor de catalogaci¨®n do mesmo. O modelo de traballo do museo ¨¦ o que se puxo en marcha co proxecto de restauraci¨®n de fichas do arquivo do Centro Republicano. A trav¨¦s dun convenio cunha universidade porte?a, un grupo de bolseiros traballou durante varios meses para restaurar as fichas. Deste xeito, conseguiuse realizar un traballo de restauraci¨®n importante cun baixo custe e, ademais, contribu¨ªuse ¨¢ formaci¨®n dos mozos que realizaron esta tarefa.
Far¨ªas apunta que un dos problemas cos que se atopan os investigadores para realizar o seu traballo ¨¦ a falta de medios t¨¦cnicos, como por exemplo un esc¨¢ner para dixitalizar os documentos. "As axudas que poidan chegar para adquirir medios t¨¦cnicos ser¨ªan benvidas, porque temos bastante precariedade neste sentido", sinala o historiador, quen destaca que no arquivo hai documentos de gran valor para descubrir aspectos pouco co?ecidos en Galicia sobre a emigraci¨®n. Por exemplo, o grande esforzo que fixeron moitos emigrantes para axudar de formas moi diversas ¨¢s persoas que trataron de exiliarse en Arxentina tras a Guerra Civil ou que tentaban asentarse noutro pa¨ªs europeo.
O subdirector do MEGA, Miguel Chiloteguy, apunta que entre os pr¨®ximos obxectivos do centro est¨¢ a catalogaci¨®n dos m¨¢is de 50.000 artigos sobre a Guerra Civil (procedentes de medios de comunicaci¨®n de diversas partes do mundo) que existen no seu arquivo. Outro dos traballos pendentes ¨¦ a dixitalizaci¨®n do xornal Galicia, editado pola FSG desde 1922 (inicialmente co nome El Despertar Gallego). O xornal ¨¦ un instrumento moi importante para co?ecer a historia pol¨ªtica da FSG e para achegarse ao papel xogado polas instituci¨®ns da colectividade como ¨¢mbitos de socializaci¨®n dos emigrantes. O museo conta coa ¨²nica colecci¨®n completa deste xornal que existe no mundo.
A Xunta e a Deputaci¨®n da Coru?a te?en prestado apoio para desenvolver estes traballos, pero os esforzos feitos ata o de agora semellan insuficientes dada a magnitude da tarefa que queda por diante. Resulta paradoxal que mentres en Santiago acaban de inaugurarse amplos espazos destinados ¨¢ conservaci¨®n e exhibici¨®n de libros e documentaci¨®n na Cidade da Cultura, en Buenos Aires haxa unha gran cantidade de documentaci¨®n que est¨¢ pendente de analizar e na que sen d¨²bida os investigadores poder¨ªan atopar material moi interesante para explicar moitas cousas sobre a emigraci¨®n e os exiliados galegos e doutros puntos de Espa?a en Arxentina.
Aparte do traballo que se desenvolve no MEGA para a conservaci¨®n do seu enorme arquivo, hai iniciativas particulares que tam¨¦n procuran a conservaci¨®n da memoria dos emigrantes. Entre elas, unha das m¨¢is interesantes leva funcionando dende hai 30 anos. ? o proxecto Lembranzas da Terra, que consiste en recompilar testemu?os orais dos maiores de orixe galega que a¨ªnda viven en Arxentina, para que non se perdan os bailes e as canci¨®ns que escoitaban cando abandonaron a s¨²a terra, hai moitas d¨¦cadas. ? un novo intento para manter vivas tradici¨®ns que esmorecen.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.