Pintan bastos
Voltan as novidades ¨¢s librer¨ªas, a¨ªnda que con cautela pois pintan bastos para o libro galego. A recente anulaci¨®n das axudas ao libro de texto deixa moitas editoras ao ventimperio, obrigadas a competir coas multinacionais do sector que abaratan custos (e aumentan o seu beneficio) a base de clonar modelos de libro est¨¢ndar, sen preocuparse dos destinatarios. E unha pensa se ser¨ªa moito pedir ao profesorado deste pa¨ªs que se comprometese co libro producido polas editoras de n¨®s, uns libros feitos por n¨®s e para n¨®s, pensando en formar os cidad¨¢ns futuros deste pa¨ªs. Porque eses libros de texto son o bal¨®n de os¨ªxeno que permite que as editoras afronten proxectos ambiciosos e arriscados. Claro ¨¦, as editoras galegas non poden facer os agasallos que fan moitas de f¨®ra pero ?iso ¨¦ tan importante? ?Non o ¨¦ m¨¢is manter viva unha industria editorial que arestora ¨¦ unha das trabes que alicerzan a nosa cultura? Os tempos son chegados, se queremos sobrevivir como colectivo dotado dunha identidade, do firme compromiso de cada un de n¨®s coa nosa produci¨®n cultural, e iso, nestes intres, pasa por mercar libro galego. Tam¨¦n de texto.
Que as pequenas editoras non sexan s¨ªntoma da s¨ªndrome de Liliput Hoxe precisamos metas ambiciosas que nos levanten a autoestima
Nos andeis vese sobre todo moita pequena editorial, desas case unipersonais que sobreviven grazas a proxectos especializados e que polo tanto, ao non aspiraren a grandes vendas (non ser¨ªa realista que aspirase a iso un libro coma O vervo xido, sobre a fala dos canteiros de Cerdedo), tampouco demandan un esforzo de distribuci¨®n. Ben est¨¢. S¨® desexo que isto non sexa unha nova manifestaci¨®n da s¨ªndrome de Liliput. Como somos poucos e pobres, xa se sabe, hai que ir tirando co de andar por casa. Pois non. M¨¢is que nunca hoxe precisamos de metas ambiciosas que nos levanten a autoestima, como a exemplarmente anotada versi¨®n galega dos Sonetos de Shakespeare, ou como ser¨ªa a traduci¨®n do Ulysses de James Joyce, que non foi considerado como un proxecto merecente dunha axuda para grandes proxectos editoriais por parte das nosas autoridades pol¨ªticas. Si o foi a publicaci¨®n de Os morenos de Lavadores.
A¨ªnda que c¨®mpre reco?ecer que a mi¨²do esas pequenas editoras nos ofrecen agasallos audaces e inesperados: vela¨ª a antolox¨ªa das Cartas do c¨¢rcere (estaleiroeditora) de Antonio Gramsci, cativadoras pola poderosa talla intelectual e moral do seu autor. M¨¢goa que a introduci¨®n hist¨®rica que as acompa?a (farragosa ¨¢s veces) non vaia acompa?ada dunha achega sint¨¦tica ¨¢ biograf¨ªa e ao pensamentos gramscianos, aspectos estes non totalmente reconstru¨ªbles a partir do epistolario. Todas as mulleres que fun (Cors¨¢rias) de Andrea Nunes Bri¨®ns ¨¦ un poemario que, sen pretensi¨®ns de orixinalidade, sup¨®n o reencontro coas voces de mulleres que nel ecoan e, polo tanto, a continuidade dun discurso que botabamos de menos nos ¨²ltimos tempos.
Moito me temo que o eido da traduci¨®n sexa un dos primeiros que se resinta da contracci¨®n econ¨®mica e psicol¨®xica da crise. No entanto, aproveitemos para disfrutar de obras maxistrais como A verdade sobre Marie de Jean-Philippe Toussaint, un texto redondo, no que se reco?ece a pegada do Nouveau roman franc¨¦s na ollada minuciosa dun narrador que consegue facer dos elementos obxectivos a ponte para afondar na identidade dos personaxes, prescidindo de especulaci¨®ns psicoloxistas. Malia a s¨²a relativa brevidade, a novela d¨¦ixanos episodios antol¨®xicos, como o do cabalo purosangue desbocado por un aeroporto xapon¨¦s.
Outra traduci¨®n prometedora pero cun resultado moito menos feliz ¨¦ C de Tom McCarthy. T¨ªtulo enigm¨¢tico, que alude tanto ¨¢ inicial do apelido do protagonista como ao s¨ªmbolo qu¨ªmico do carbono, elemento fundamental da vida na terra. Con aspectos lograd¨ªsimos (todo o que ten que ver cos personaxes do pai e da irm¨¢, a estad¨ªa de Carrefax nun balneario centroeuropeo) e outros irritantemente rocambolescos (o acto sexual no angosto t¨²nel dunha tumba exipcia) o ritmo da narraci¨®n res¨¦ntese dun exceso de digresi¨®ns, a mi¨²do sobrantes de tecnicismos. A¨ªnda que tam¨¦n moi extensa, Despois da medianoite, da escritora tamil Salma, resulta completamente diferente. Ante novelas coma esta unha preg¨²ntase cantas grandes obras estamos inevitablemente condenados a ignorar por mor da distancia xeogr¨¢fica e cultural. Sendo ben interesante o argumento, que nos achega ¨¢ vida dunha comunidade musulm¨¢ na rexi¨®n india de T¨¢mil Nadu, sobre todo ¨¢s limitaci¨®ns coti¨¢s que padecen as mulleres, a novela ¨¦ moito m¨¢is. Despois da medianoite consegue que nos mergullemos nun mundo no que rexen pautas diferentes ¨¢s que estamos afeitos, pautas ling¨¹¨ªsticas e pautas temporais: a autora consegue que a lectura se contaxie dos ritmos dunha sociedade que se move ao son dos ciclos da natureza e na que os d¨ªas e as horas te?en unha dur¨¦e particular, e consegue tam¨¦n situarnos nunha posici¨®n de inferioridade ou, se se quere, de estranxeir¨ªa, ante un texto que a mi¨²do se resiste ¨¢ apropiaci¨®n que ao cabo ¨¦ toda traduci¨®n. Somos n¨®s os que temos que facer o esforzo de acceder o texto, non o texto que se nos revela. E isto, nunha novela que inevitablemente lemos dende a superioridade do noso Primeiro Mundo, ¨¦ unha experiencia m¨¢is mobilizadora que calquera lectura panfletaria que do texto se queira facer.
An Alfaya ten demostrado que ¨¦ un valor seguro das nosas letras e a ningu¨¦n sorprendeu que resultase ga?adora do Premio novela por entregas de La Voz de Galicia 2010 con V¨ªa secundaria, editada en libro logo de aparecer pinga a pinga nas p¨¢xinas do xornal. Trama interesante, ben anoada, arredor de cuesti¨®ns de actualidade, e personaxes definidos con eficacia, malia a brevidade que imp¨®n o formato, son os principais m¨¦ritos dun texto que reafirma a solvencia da autora. Ben ensarillado est¨¢ tam¨¦n o complexo argumento de In vino veritas de Francisco Castro, novela de extensi¨®n desusada para o que se adoita no policial, se cadra polos moitos f¨ªos tem¨¢ticos que nela confl¨²en, dende o telelixo ¨¢ enolox¨ªa. A combinaci¨®n de ambientes tan dispares, como dispares son os personaxes que os habitan, e o contraste deses elementos coa figura absolutamente convencional do detective, son as claves dunha novela que quere ser tam¨¦n un xogo par¨®dico coas convenci¨®ns habituais do x¨¦nero.
Pola contra, a ambigua condici¨®n fenomenol¨®xica das p¨¢xinas que conforman Brasil no centro de Xavier Rodr¨ªguez Baixeras desorienta unha lectura que se iniciara guiada polas expectativas creadas polo seu Diario de comidas. Con bo criterio, o autor non inclu¨ªu ningunha etiqueta xen¨¦rica no t¨ªtulo pero a desorganizaci¨®n cronol¨®xica do material narrativo, as¨ª como certa indefinici¨®n da natureza deste, prexudican unha obra na que latexan a ambici¨®n literaria e a profundidade ¨¢ que o autor nos ten afeitos.
E baixamos o pano destas li?as con Cuando Compostela subi¨® el tel¨®n, de Alejandra Juno, un libro curioso que pretende ser a historia da primeira d¨¦cada de actividade teatral da Compa?¨ªa Ditea. M¨¢goa que a autora optase por centrarse s¨® nesa d¨¦cada, decisi¨®n que se comprende mellor cando se repara nas case 400 p¨¢xinas que precisou para historiar esa etapa fundacional. Por tras da obra int¨²ese a existencia dun arquivo ben organizado que Alejandra Juno tivo que co?ecer a fondo antes de redactar este texto, pero se cualifiquei esta obra de curiosa non foi tanto por ser contribuci¨®n fundamental ao co?ecemento da historia do teatro galego, sen¨®n polo que achega ¨¢ historia local de Compostela. Polo libro circulan personaxes an¨®nimos ou ben co?ecidos da vida capitalina: as an¨¦cdotas din m¨¢is que moitas monograf¨ªas especializadas sobre a vida coti¨¢, ou sobre o papel da censura, da igrexa e da universidade na sociedade da ¨¦poca.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.