O Goya galego esquecido
O mindoniense Victoriano L¨®pez formou na t¨¦cnica a Bardem ou Berlanga
Victoriano L¨®pez Garc¨ªa e Manuel Mur Oti son os ¨²nicos galegos que acadaron o Goya de honra como reco?ecemento ¨¢ s¨²a carreira. Se no caso do cineasta Mur Oti o seu nome ¨¦ ben co?ecido no cine espa?ol, o mindoniense L¨®pez ¨¦ algu¨¦n a quen non se identifica co eido cinematogr¨¢fico, e iso acontece porque foi especialista en cuesti¨®ns t¨¦cnicas. Victoriano recolleu o galard¨®n na sexta edici¨®n dos Goya, en 1990, o que fala da excelente consideraci¨®n do seu labor, xa que a Mur Oti non llo deron ata tres anos m¨¢is tarde. ? hora de botar unha ollada retrospectiva aos ga?adores galegos do galard¨®n, ad¨®itase esquecer a L¨®pez. D¨ªas despois daquel premio, realiceille unha entrevista radiof¨®nica para a desaparecida Radiocadena, da que se extraen as declaraci¨®ns aqu¨ª recollidas.
Aprendeu o cine en Mondo?edo, onde o seu t¨ªo posu¨ªa a sala da localidade
A s¨²a paix¨®n polo cine comezou na vila natal, xa que o seu av¨® era o dono do ¨²nico cine de Mondo?edo. "O local estaba nun baixo do Casino e ¨ªa moito al¨ª cos meus amigos, entre os que estaba ?lvaro Cunqueiro", lembra. Victoriano estudou o bacharelato entre Vigo e Bilbao e m¨¢is tarde cursou estudos de enxe?er¨ªa industrial en Madrid, onde posteriormente foi profesor. Dada a s¨²a excelente formaci¨®n chegou a catedr¨¢tico na Escuela Especial de Ingenier¨ªa Industrial. En 1941 desenvolveu un curso de cine nesa escola de enxe?eiros industriais, a s¨²a primeira achega para que o alumnado puidese encami?ar os seus pasos cara a cinematograf¨ªa. Ao longo da s¨²a andaina profesional ocupou diversos cargos con nomes que se adoitaban empregar noutras ¨¦pocas, tan barrocos que arrecenden a burocracia, tipo Jefe de secci¨®n de materias primas en la subcomisi¨®n reguladora de cinematograf¨ªa ou Jefe de secci¨®n de industria del servicio de ordenaci¨®n econ¨®mica de cinematograf¨ªa.
No ano 1947 funda e dirixe o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematogr¨¢ficas, onde exercer¨¢ como profesor de ¨®ptica e c¨¢mara. "Estiven ao fronte desa instituci¨®n varios anos e co paso do tempo foi denominada como Escuela Oficial de Cine. Polas s¨²as aulas pasaron directores sobranceiros como Berlanga, Bardem e Borau e entre o importante profesorado que daba clase quero lembrar a Jos¨¦ Luis Fern¨¢ndez Encinas, un galego que levaba o laboratorio e que tam¨¦n publicou alg¨²n libro sobre diversos aspectos t¨¦cnicos no mundo do cine". Esa parcela educativa desenvolvida polo galego foi unha parte importante a valorar no seu historial polos encargados de conceder o Goya da Academia de las Artes y de las Ciencias Cinematogr¨¢ficas de Espa?a.
Naquela conversa manifestou que consideraba moi necesario dispor dunha escola de cinematograf¨ªa: "Para min ¨¦ fundamental formar aos futuros profesionais desta arte e nos anos en que funcionou amosou bo resultado ao preparar a moitos dos que hoxe traballan neste mundo". En canto ao que se precisa para chegar a ser realizador sobranceiro, matizaba que non existe unha f¨®rmula para acadalo. "Cadaqu¨¦n ten que ir na procura dun estilo propio e non debe imitar aos demais". Respecto aos tres destacados alumnos do centro formativo aos que antes fixo menci¨®n, salienta que foron quen de achar a s¨²a personalidade propia. "Considero que Berlanga ¨¦ o mais intimista, de Bardem m¨¢is cerebral e Borau amosou ser m¨¢is expansivo".
Victoriano colaborou en diversas publicaci¨®ns, como Primer Plano, Espect¨¢culo, Revista Internacional de cine e Radiocinema, onde incide nos seus escritos sobre a t¨¦cnica, especialidade que dominaba e na que transmitiu os seus co?ecementos por medio de varios libros como Lecciones sobre cinematograf¨ªa ou T¨¦cnica del cine sonoro, en color y en relieve. Tam¨¦n fundou e dirixiu a publicaci¨®n Cine Experimental, que afondaba neses apartados puramente t¨¦cnicos, algo que non se pod¨ªa atopar noutras revistas. "Mais s¨® chegamos a facer 11 ou 12 n¨²meros e logo desapareceu", lembra.
No que atinxe ¨¢ situaci¨®n do cine naquel 1990, sinalaba que todo variara moito respecto a ¨¦pocas pasadas. "Antes ti?amos oito ou nove mil cines en Espa?a e agora existen escasamente 2.000. O v¨ªdeo e a televisi¨®n fixeron mudar as estruturas econ¨®micas do cine", reflexionaba daquela. Cando subiu ao escenario a recoller o reco?ecemento do Goya de honra ti?a 80 anos de idade. "Para min foi importante que valorasen o meu traballo, desenvolvido fundamentalmente 40 anos antes de recibir a prezada estatu¨ª?a", afirmaba. Victoriano L¨®pez non deixou de realizar visitas ¨¢ s¨²a terra natal, mais a s¨²a vida asentou en Madrid dende os seus tempos de estudante. Foi al¨ª e onde morreu en 1995.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.